INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía, Empresa e Innovación
inicio  Eficiencia Enerxética  Real Decreto 56 2016

REAL DECRETO 56/2016

Segundo a Resolución do 20 de maio de 2020, do Congreso dos Deputados, pola que se ordena a publicación do Acordo de autorización da prórroga do estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, con efectos desde o 1 de xuño de 2020, derrogarase a disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, relativa á suspensión de prazos administrativos. Desde esa mesma data, o cómputo dos prazos que fosen suspendidos renovarase, ou se reiniciará, se así se previu nunha norma con rango de lei aprobada durante a vixencia do estado de alarma e as súas prórrogas. Así para o cumprimento das obrigacións derivadas do Real Decreto 56/2016, por tanto, dispoñerase dun prazo adicional de 79 días naturais.

O Real Decreto 56/2016 transpón a Directiva 2012/27/UE no referente a auditorías enerxéticas, acreditación de provedores de servizos e auditores enerxéticos, e promoción da eficiencia da subministración de enerxía.

Entre os principais aspectos  que regula o Real Decreto cabe destacar as seguintes:

  • Cada 4 anos as grandes empresas terán que realizar unha auditoría enerxética que cubra polo menos o 85 % do seu consumo enerxético ou alternativamente ter implantado un sistema de xestión enerxética ou ambiental certificado por un organismo independente.

  • Créase no MINETUR un rexistro Administrativo de Auditorías Enerxéticas,  que permitirá identificar as empresas obrigadas á realización das Auditorias Enerxéticas.

  • As empresas obrigadas deben remitir, ao órgano competente en materia de eficiencia enerxética da comunidade autónoma onde se atopen as instalacións, o Anexo I de comunicación de realización da auditoría no prazo máximo de tres meses desde que a auditoría foi realizada. Segundo a Disposición Adicional Primeira, deberán realizar a auditoría antes de que transcorran nove meses. Considéranse válidas as auditorías realizadas con posterioridade ao 5/12/2012.

  • Establécense os requisitos para o exercicio da actividade profesional de provedor de servizos enerxéticos.

  • Establécense os requisitos para o exercicio da actividade profesional de auditor enerxético. 

  • As persoas que desexen establecerse como provedores de servizos enerxéticos deberán presentar previamente ao comezo da actividade unha declaración responsable de que cumpren os requisitos (Anexo II) ao órgano competente da comunidade autónoma. Esta declaración habilita en todo o territorio nacional.

  • O IDAE xestionará unha “Listaxe de Provedores de Servizos Enerxéticos”. 

Descargar o Real Decreto 56/2016

PROCEDEMENTO EN GALICIA DE COMUNICACIÓN DE AUDITORÍAS ENERXÉTICAS (código de procedemento IN418B).

Por Resolución do 4 de abril a Dirección Xeral de Enerxía e Minas delega no Inega as competencias atribuídas conforme ao RD 56/2016. 

 A Resolución de 2 de novembro de 2020, do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), publicada no DOG do 18 de novembro do 2020, pola que se aproba o modelo de comunicación da realización dunha auditoría enerxética (código de procedemento IN418B) establece:

•    As comunicacións presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, https://appsinega.xunta.gal/RD56/web/acceso.php.
•    As persoas interesadas deberán achegar coa comunicación a seguinte documentación:
a) Título habilitante para ser auditor enerxético.
b) Documento que acredite á persoa asinante como representante legal da empresa.
c) Se a persoa que asina unha destas comunicacións, non é o representante legal da empresa, deberá achegar un poder de representación segundo o modelo dispoñible neste link:
d) No caso de optar pola opción do artigo 3.2.b) do RD 56/2016 deberá achegar certificado dun organismo independiente de aplicar un sistema de xestión enerxética ou ambiental.
e) No caso de suxeitos obrigados que teñan mais dun centro de traballo, listaxe de todas as instalación da empresa ou grupo de empresas (centros de traballo con distinta ubicación) situadas no territorio nacional, onde aparezca o consumo enerxético de cada unha delas e se identifique o perímetro auditado, asinada por un representante legal.

Debe entregarse un Anexo I de Comunicación de realización dunha auditoría enerxética por cada auditoría realizada. Unha auditoría pode incluír unha instalación ou varias da mesma empresa ou grupo de sociedades a condición de que se xustifique na auditoría a representatividade da mesma e que todas as instalacións incluídas estean situadas na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de que unha auditoría abarque varias instalacións débese indicar no Anexo I o nome e dirección de cada instalación. Considérase unha instalación cada sede ou centro de consumo enerxético diferenciado pertencente á mesma empresa ou grupo de sociedades. 

PROCEDEMENTO EN GALICIA DE COMUNICACIÓN DE DECLARACIÓN RESPONSABLE RELATIVA AO CUMPRIMENTO DOS REQUISITOS PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE PROFESIONAL DE PROVEDORES DE SERVIZOS ENERXÉTICOS.

Por Resolución do 4 de abril a Dirección Xeral de Enerxía e Minas delega no Inega as competencias atribuídas conforme ao RD 56/2016.

A  Resolución de 2 de novembro de 2020, do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), pola que se aproba o modelo de comunicación da realización dunha auditoría enerxética (código de procedemento IN418B) establece:

Mentres que non se habilite un procedemento telemático específico de presentación na Comunidade Autónoma de Galicia do “Anexo II- Modelo de declaración responsable relativa ao cumprimento dos requisitos para o exercicio da actividade profesional de provedores de servizos enerxéticos” o procedemento consiste en remitir o Anexo II adecuadamente cuberto ao Instituto Enerxético de Galicia (Inega) utilizando o procedemento  da SedeXunta: PR004A - Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A), indicando no campo “Asunto relacionado” o seguinte: “Dirixido ao Instituto Enerxético de Galicia (Inega) - código DIROF: A12004763”.

REQUISITOS PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE PROFESIONAL DE AUDITOR ENERXÉTICO 

Segundo o artigo 1 do RD 56/2016 un Auditor Enerxético é unha persoa física con capacidade persoal e técnica demostrada e competencia para levar a cabo unha auditoría enerxética.

Segundo o artigo 8, as persoas físicas que desexen exercer a actividade profesional de auditor enerxético deberán cumprir algunha das seguintes condicións:

a) Estar en posesión dunha titulación universitaria oficial ou outras licenciaturas, Graos ou Máster universitarios nos que se impartan coñecementos básicos de enerxía, instalacións dos edificios, procesos industriais, contabilidade enerxética, equipos de medida e toma de datos e técnicas de aforro enerxético, ou ben;

b) Ter os coñecementos teóricos e prácticos sobre as auditorías enerxéticas, entendendo que posúen devanditos coñecementos as persoas que acrediten algunha das seguintes situacións:

1.ª Dispoñer dun título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade incluído no Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionais cuxo ámbito competencial inclúa materias relativas ás auditorías enerxéticas.

2.ª Ter recoñecida unha competencia profesional adquirida por experiencia laboral, de acordo co estipulado no Real Decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, en materia de auditorías enerxéticas.

En calquera das anteriores situacións ás que se refire o parágrafo b), recibir e superar un curso teórico e práctico de coñecementos específicos de auditorías enerxéticas, impartido por unha entidade recoñecida polo órgano competente da comunidade autónoma, co contido indicado no anexo V. A realización deste curso, terá eficacia en todo o territorio nacional, sen necesidade de trámites ou requisitos adicionais.

En canto á opción a), cabe indicar que non existe ningunha listaxe oficial de titulacións universitarias que habiliten para exercer a actividade profesional de auditor enerxético. Por iso, a aquelas titulacións que xeren dúbidas, solicitaráselles   un certificado do reitorado da universidade que o imparta no que se confirme que na titulación en cuestión  impártense   coñecementos básicos de enerxía, instalacións dos edificios, procesos industriais, contabilidade enerxética, equipos de medida e toma de datos e técnicas de aforro enerxético

En canto á opción b), o órgano competente de Galicia aínda non recoñeceu a ningunha entidade para a impartición do curso teórico práctico de coñecementos específicos de auditorías enerxéticas.