INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía, Empresa e Innovación

CONTRATACIÓN CENTRALIZADA DA XUNTA DE GALICIA (REDEXGA)

Subministración de combustible de calefacción, gasóleo C, aos centros de consumo da Rede de Enerxía da Xunta de Galicia (Redexga), expediente 2020_003_ SXT

  • Estado: ADXUDICADO LOTE 1 A CORUÑA e LOTE 4 PONTEVEDRA
  • Empresa adxudicataria: ESERGUI DISTESER, SLU (AVIA)
  • Prezos deste contrato (táboa 1ª)
  • Pódese acceder a máis información sobre este procedemento de contratación neste link

 

Subministración de enerxía eléctrica aos centros de consumo da Rede de Enerxía da Xunta de Galicia (Redexga), expediente 2019_007_SXT

  • Estado: ADXUDICADO
  • Empresa adxudicataria: GAS NATURAL COMERCIALIZADORA, SA
  • Prezos deste contrato (táboa 2ª)
  • Pódese acceder a máis información sobre este procedemento de contratación neste link

 

Subministración de gas natural canalizado e gas natural licuado aos centros de consumo da Rede de Enerxía da Xunta de Galicia (Redexga), expediente 2017_009_SXT

  • Estado: ADXUDICADO
  • Empresa adxudicataria: GAS NATURAL COMERCIALIZADORA, SA
  • Prezos deste contrato (táboas 3ª e 4ª)
  • Pódese acceder a máis información sobre este procedemento de contratación neste link

TÁBOA COS DESCONTOS FINAIS PARA O SUBMINISTRO DE “GASÓLEO C” AOS CENTROS DA REDEXGA (táboa 1ª)

 REDEXGA_tab1

 (*) En trámite, fase final de adxudicación

Nesta táboa figuran os descontos que a comercializadora adxudicataria do contrato centralizado de Gasóleo C da REDEXGA, ESERGUI DISTESER, SLU (AVIA), deberá aplicar ás facturas dos centros de consumo adheridos a esta rede durante a vixencia deste contrato, en función do Lote ou provincia á que pertenza o dito centro.

Cómpre clarexar que estes descontos deberán aplicarse ao Prezo Final Semanal de cada litro de gasóleo C publicado no Boletín do Petróleo da CE para o gasóleo de calefacción en España, impostos excluídos.

TÁBOA CON PREZOS FINAIS DA ENERXÍA ELÉCTRICA 3º CONTRATO DA REDEXGA  (táboa 2ª)

tabla2_prezosTarifas

 

 

 

 

 

 

 

 

Cómpre ter en conta que os prezos da táboa só se corresponden co custo da enerxía, polo que nas facturas que emita a comercializadora figurarán tamén o resto de conceptos que se inclúen na factura eléctrica, é dicir, as peaxes de acceso, os cargos do sistema, os alugueres (de ser o caso), os impostos e aqueles outros conceptos regulamentados que sexan de aplicación.

TÁBOA CON PREZOS FINAIS DO GAS NATURAL CANALIZADO E GAS NATURAL LICUADO 2º CONTRATO DA REDEXGA

LOTE 1 (Gas Natural Canalizado - táboa 3ª)
 REDEXGA_tab3
  
LOTE 2 (Gas Natural Licuado - táboa 4ª)
 
 REDEXGA_tab4

Nestas táboas figuran os prezos que a comercializadora adxudicataria do novo contrato centralizado de Gas Natural Canalizado e Gas Natural Licuado da REDEXGA, GAS NATURAL COMERCIALIZADORA, deberá aplicar ás facturas dos centros de consumo adheridos a esta rede a partires da entrada en vigor deste 2º contrato, que está previsto que sexa no mes de xaneiro de 2018.

Cómpre clarexar que os prezos da táboa só se corresponden co custo da enerxía, polo que nas facturas que emita a comercializadora figurarán tamén o resto de conceptos que se inclúen na factura de Gas Natural, é dicir, as peaxes de acceso, os alugueres (de ser o caso), os impostos e aqueles conceptos regulamentados que sexan de aplicación.