INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía, Empresa e Innovación
inicio  Eficiencia Enerxética  Certificación enerxética de edificios

REXISTRO DE CERTIFICADOS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE EDIFICIOS DE GALICIA

Novidade!!

Dando cumprimento a la normativa comunitaria o pasado 13 de abril  publicouse no BOE o Real Decreto 235/2013 del 5 de abril, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación enerxética dos edificios (modificado polo RD 564/2017, de 2 de xuño). Así, a partir do 1 de xuño de 2013, a presentación ou posta a disposición dos compradores ou arrendatarios do certificado de eficiencia enerxética (CEE) da totalidade ou parte dun edificio, será esixible para os contratos de compravenda ou arrendamiento celebrados a partir de dita data.

O propietario ou promotor deberá presentar, unha vez obtido, este certificado de eficiencia enerxética ante a Comunidade Autónoma para proceder ao seu rexistro.

O pasado 29 de setembro de 2016 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto 128/2016 do 25 de agosto polo que se regula a certificación enerxética de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia, (os artigos 2.2 a) e 2.2d) deste Decreto víronse modificados polo artigo segundo do Real Decreto 564/2017, de 2 de xunio, polo que se modifica o Real Decreto 235/2013, de 5 de abril, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios) entrando en vigor o día 20 de outubro de 2016.

A entrada en vigor deste decreto o 20 de outubro de 2016, motivou a publicación da Resolución do 10 de outubro de 2016 pola que se aproban os modelos de comunicación para a inscrición dos certificados de eficiencia enerxética dos edificios no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia.

Con esta nova normativa quedan regulados os procedementos para inscribir os certificados de eficiencia enerxética de edificios de nova construcción (IN413C) e os certificados de edificios existentes (IN413D), que deberán realizarse no prazo de un mes desde a firma dos devanditos certificados.

Ambos procedementos serán exclusivamente telemáticos e  realizaranse a través dunha nova aplicación RGEEE que o INEGA pone a disposición dos usuarios.

Desde esta aplicación o usuario poderá:

a) Inscribir os certificados de eficiencia enerxética seguindo os seguintes pasos:

1) Acceda á aplicación RGEEE con usuario e contrasinal (a primeira vez terá que darse de alta e recibirá un correo para activar a conta).

2) Cre e cubra a súa "comunicación" e cargue os arquivos requeridos.

3) Confirme a súa comunicación.

4) Presente. Para realizar este paso, é necesario dispoñer do certificado dixital ou DNIe da persoa comunicante ou da persoa que actúe na súa representación (neste caso será necesario subir á aplicación un poder de representación segundo o modelo).

5) Xere e pague a taxa a través desta aplicación.

6) Descargue a súa etiqueta.

b) Acceder á consulta pública dos certificados de edificios xa rexistrados.

c) Presentar a documentación relativa á dedución fiscal por obras de mellora da eficiencia enerxética en edificios de viviendas ou vivendas unifamiliares mediante a presentación do Anexo III (desde o 1/1/2020).


A lei 7/2019, de 23 de decembro de medidas fiscais e administrativas, recolle no seu título I, capítulo I, artigo 1, apartado catro, unha nova dedución fiscal na cota íntegra autonómica  que permite deducir cantidades invertidas para a mellora da cualificación enerxética de viviendas ou de viviendas unifamiliares (ler texto completo aquí).

Para poder acollerse á dedución fiscal por obras de mellora de eficiencia enerxética en edificios de vivendas ou en vivendas unifamiliares, o interesado trala inscrición do certificado de eficiencia enerxética do inmoble reformado, deberá presentar o anexo III normalizado aprobado mediante a Resolución do 26 de decembro de 2019 acompañado da seguinte documentación:

- Informe asinado por técnico competente que xustifique o salto de letra conseguido coas melloras, segundo o modelo que consta no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia (descargar modelo de Informe).

- A totalidade das facturas correspondentes ás obras de mellora de eficiencia enerxética obxecto de dedución así como as relativas á obtención do certificado de eficiencia enerxética.

- Os xustificantes de pago destas facturas.

- No caso de que as obras de mellora se realícen nun edificio en réxime de propiedade horizontal, certificado das achegas económicas correspondentes a cada comuneiro.


 A presentación deste formulario e da documentación que o acompaña poderá realizarse ata que expire o prazo para presentar a autoliquidación correspondente ao período impositivo no que se termine a obra de mellora enerxética obxecto de dedución, a través da plataforma electrónica do Rexistro de Eficiencia Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia (RGEEE).

Información sobre taxas de inscrición: 

IMPORTANTE!! O impreso da taxa facilítao directamente a aplicación RGEEE habilitada para a inscrición dos certificados de edificios existentes unha vez realizada a presentación electrónica.

O código da taxa e o importe dependerá do tipo de certificado e do tipo do inmoble.

  • PROCEDEMENTO IN413C: Edificios de nova construción
- 31.50.01 CEE do proxecto para vivenda unifamiliar: 5 € + 0,08 € por m2 de S. que se certifica.
- 31.50.02 CEE do edificio terminado para vivenda unifamiliar 5 € + 0,08 € por m2 de S que se certifica.
- 31.50.03 CEE do proxecto para edificios de vivendas: 5 € + 0,04 € por m2 de S que se certifica.
- 31.50.04 CEE do edificio terminado para edificios de vivendas: 5 € + 0,04 € por m2 de S. que se certifica.
- 31.50.05 CEE do proxecto para edificios destinados a outros usos (non residenciais): 5 € + 0,05 € por m2 de S que se certifica.
- 31.50.06 CEE do edificio terminado para edificios destinados a outros usos (non residenciais): 5 € + 0,05 € por m2 de S que se certifica.
 
  • PROCEDIMENTO IN 413D: Edificios existentes
- 31.50.07 CEE do edificio existente para vivenda unifamiliar ou vivenda individual en bloque (PISOS): 5 € + 0,08 € por m2 de S. que se certifica.
- 31.50.08 CEE do edificio existente para edificios de vivenda: 5 € + 0,04 € por m2 de S. que se certifica.
- 31.50.09 CEE do edificio existente para edificios/parte de edificio destinados a outros usos (non residenciais): 5 € + 0,05 € por m2 de S. que se certifica.

Modelos Editables de Etiquetas de Eficiencia Energética

Edificio Existente

Descargar

[.ppt]   [.odp]  

Edificio Terminado

Descargar

[.ppt]   [.odp]

Proxecto

Descargar

[.ppt]   [.odp]

etiqueta_edif_existente etiqueta_edif_terminado etiqueta_proyecto