INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio  Eficiencia Enerxética  Ámbito Global

Ámbito Global

Unha das labores que se está a desenvolver, e que seguirá ao longo dos próximos anos, é a promoción e pulo da cultura do aforro da enerxía a través de diferentes medidas de caracter xeral co fin de romper coa actual tendencia crecente da intensidade enerxética que a nosa Comunidade está presentando.

A adopción de políticas de aforro e eficiencia enerxética abarcan a todos os sectores da sociedade, xa que todos son consumidores de enerxía. Neste senso, estanse a desenvolver diferentes accións destinadas tanto a empresas coma a particulares e organismos públicos.

Campañas informativas e divulgativas para o fomento do aforro e a eficiencia enerxética

Unha das barreiras máis importantes para acadar os obxectivos de aforro e eficiencia enerxética é a falta de información acerca da enerxía e das súas posibilidades de aforro e eficiencia a todos os niveis: desde o usuario doméstico que utiliza a enerxía diariamente, ata un industrial que aplica a tecnoloxía existente para os seus procesos produtivos. Polo que se considera fundamental continuar co papel de información e divulgación ao público en xeral sobre a importancia da enerxía e do seu uso racional que desde o INEGA se está a desenvolver. En canto as campañas divulgativas, constitutirán unha ferramenta básica de sensibilización para acadar un maior alcance das medidas e actuacións concretas que se realizan en materia de aforro e eficiencia enerxética.

Campañas formativas de uso racional da enerxía

Aforro enerxiaDentro do apartado de formación, desde o Inega ou en colaboración con outras institucións, continuarase co desenvolvemento de cursos para o fomento do uso racional da enerxía en todos os sectores. Entre estes cursos, pódense mencionar algúns que se veñen realizando ata o de agora: curso de condución eficiente, para particulares e para flotas de transporte, cursos de xestor enerxético adicados á formación de novos profesionais do sector, cursos de xestor enerxético municipal para inculcar o espírito de aforro enerxético nos concellos, cursos sobre o Código Técnico da Edificación, cursos a vendedores de electrodomésticos sobre etiquetado enerxético, campaña de promoción e formación de técnicas de uso eficiente da enerxía na agricultura, e cursos de enerxía en xeral no que se trata de incidir de xeito especial no aforro e eficiencia enerxética. Ademais da organización destes cursos, colabórase con diferentes organismos e centros de formación neste tipo de actividades, impartindo conferencias, participando en charlas, debates, etc.

Asesoramento a diferentes institucións públicas e privadas sobre o uso racional da enerxía

  • Asesoramento a concellos para a mellora da eficiencia enerxética nos edificios públicos e instalacións municipais.
  • Asesoramento a diferentes consellerías para a optimización enerxética das súas instalacións.
  • Realización de actividades de asesoramento que incidan de forma notable no uso racional da enerxía en diferentes asociacións empresariais e sectoriais.
  • Participación e colaboración con diferentes organismos na realización de proxectos europeos para o uso racional da enerxía

Desta colaboración nacen proxectos coma o Gener adicado á promoción do aforro a través de auditorías enerxéticas en varios sectores produtivos sitos nas provincias de Pontevedra e Ourense, e no norte de Portugal, ou o proxecto EnerinTown que trata de formar aos técnicos dos concellos galegos na xestión enerxética, ESOL que promove o uso da biomasa e GE2'C que fomenta o uso da coxeración entre outros.

Axudas públicas a proxectos encamiñados ao uso racional da enerxía

Unha das barreiras máis importantes de cara á consecución dos obxectivos de aforro enerxético supón o investimento que nalgúns sectores é necesario realizar. Deste xeito, moitos proxectos que supoñen un importante aforro enerxético non acadan os ratios de rendibilidade para que se leven a cabo. Por tanto, tanto desde o Inega subvencionaranse aqueles proxectos que fomenten o uso racional da enerxía en todos os sectores, mediante Resolucións que se convocan anualmente.