INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio  Eficiencia Enerxética  Asesoría Energética Concellos e Pemes

O servizo de asesoría enerxética específico para os concellos e pemes ten por obxectivo facilitar a toma de decisións relacionadas co consumo eléctrico, contribuíndo á potenciación do aforro e a eficiencia enerxética.

Así, todos aqueles que o desexen poderán plantexar as súas dúbidas enviando un correo electrónico a inega.asesoriaenerxetica@xunta.gal; ou no número de teléfono 981 541 540.

A través deste servizo específico, centralízase a atención que se ofrece aos municipios e as pemes para que poidan resolver e aclarar as distintas dúbidas que lles xorden en campos como a contratación da electricidade no mercado libre, os prezos a pagar pola enerxía ou a modernización do mantemento.