INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía, Empresa e Innovación
inicio  Eficiencia Enerxética  Bono Social Térmico

BONO SOCIAL TÉRMICO 2020 EN GALICIA

Resolución do 21 de outubro de 2020 pola que se da publicidade á resolución pola que se conceden as axudas destinadas a paliar a pobreza enerxética en consumidores vulnerables, denominado Bono Social Térmico. (DOG do 9 de novembro do 2020). Na publicación no DOG da resolución do 21 de outubro de 2020, pola que se da publicidade á resolución pola que se conceden as axudas destinadas a paliar a pobreza enerxética en consumidores vulnerables, denominado Bono Social Térmico, hai un erro no número de teléfono, o número de teléfono correcto para ter mais información sobre o bono social térmico é o: 881 55 49 13.

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 21 de outubro de 2020 pola que se dá publicidade á resolución pola que se conceden as axudas destinadas a paliar a pobreza enerxética en consumidores vulnerables, denominadas bono social térmico. (DOG do 12 de novembro do 2020).

 1.- Qué é o Bono Social Térmico?

O Bono Social Térmico é un programa de axudas para compensar os gastos económicos ocasionados aos consumidores máis vulnerables polo uso da calefacción e a agua quente o cociña.

O orzamento asignado no ano 2020 en Galicia para esta iniciativa é de 6,3 millóns de euros. As axudas son xestionadas pola Xunta de Galicia, a través do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e son financiadas polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

O Bono Social Térmico foi creado por Real Decreto-lei 15/2018, do 5 de outubro, de medidas urxentes para a transición enerxética e a protección dos consumidores.

2.- Quen son os BENEFICIARIOS en 2020?

Son beneficiarios do Bono Social Térmico do ano 2020, sen necesidade de realizar ningunha solicitude, os beneficiarios do Bono Social Eléctrico ao 31 de decembro de 2019, así como aqueles que antes de dita data presentasen a solicitude completa (se finalmente se resolveu favorablemente).

Pode obtener máis información sobre o Bono Social Eléctrico no seguinte link:
Información bono social eléctrico

3.- En qué consiste a axuda?

No ano 2020 a axuda para os beneficiarios residentes en Galicia está comprendida entre os 49,84 e 123,94 euros, sendo compatible con calquera outro tipo de axudas que se outorguen para a mesma finalidade.  A contía da mesma depende do grao de vulnerabilidade e da zona climática na que se sitúe a súa vivenda habitual.

En caso de tratarse dun consumidor vulnerable severo ou en risco de exclusión social, a axuda increméntase  nun 60% con respecto á que lle corresponde pola súa zona climática.

A axuda por beneficiario abonarase nun pago único anual, por defecto na conta corrente na que está domiciliada a factura eléctrica (ou no seu caso na que se comunique para os efectos).

4.- É necesario facer algunha xestión para cobrar o Bono Social Térmico?

Se vostede era beneficiario do Bono Social Eléctrico ao 31 de decembro de 2019 recibirá no mes de novembro  unha carta no seu domicilio informándolle da axuda que lle corresponde en concepto de Bono Social Térmico. Para cobrar a axuda unicamente terá que comprobar que o número de conta bancaria que figura na carta é correcto. Se non se dispón de número de conta ou este é incorrecto, para poder cobrar a axuda á que ten dereito, deberá facilitar un número de conta da súa titularidade ou dunha persoa á que autorice.

Nos seguintes links pode consultar o modelo de carta remitida:
Descargar modelos de carta para beneficiarios con conta dispoñible
Descargar modelos de carta para beneficiarios sen número de conta dispoñible


Se vostede ten dereito á axuda e non recibe a carta pode verificar os seus datos a través do teléfono indicado abaixo. A listaxe de beneficiarios será publicado no Diario Oficial de Galicia.

5.- Como comunicar a CONTA BANCARIA se non teño domiciliada a factura eléctrica?

Se o beneficiario non ten domiciliado o pago da electricidade, na notificación que recibirá solicitaráselle unha conta bancaria. Deberá facilitar a conta a través da seguinte ligazón: https://appsinega.xunta.es/bonosocialtermico ou mediante escrito presentado en calquera  rexistro das administracións públicas ou oficina de Correos dirixido ao Instituto Enerxético de Galicia, rúa Avelino Pousa Antelo, número 5, 15707, Santiago de Compostela, co formato incluído na comunicación.

No seguinte link pode descargar o modelo de escrito para comunicar o número de conta co formato incluído na comunicación:
Descargar modelo de carta para beneficiarios sen número de conta dispoñible

6.- Como modificar a CONTA BANCARIA que figura na notificación?

Se o beneficiario ten domiciliado o pago da electricidade, pero ten que modificar a conta bancaria que figura na notificación poderá facilitar o novo número de conta a través da seguinte ligazón: https://appsinega.xunta.es/bonosocialtermico ou mediante escrito presentado en calquera  rexistro das administracións públicas ou oficina de Correos, dirixido ao Instituto Enerxético de Galicia, rúa Avelino Pousa Antelo, número 5, 15707, Santiago de Compostela, co formato incluído na comunicación.

No seguinte link pode descargar o modelo de escrito para comunicar o número de conta:
Descargar modelo de cartas para beneficiarios sen número de conta dispoñible

7.- Como RENUNCIAR á axuda?

Os beneficiarios dispoñen dun prazo de 10 días hábiles desde a recepción da notificación, para que poidan exercitar a opción de renuncia.

Poderán renunciar a través da seguinte ligazón: https://appsinega.xunta.es/bonosocialtermico ou mediante escrito presentado en cualquera rexistro das administracións públicas ou oficina de Correos, dirixido ao Instituto Enerxético de Galicia, rúa Avelino Pousa Antelo, número 5, 15707, Santiago de Compostela, co formato incluido na comunicación.

Nos seguintes links pode descargar o modelo de escrito de renuncia:
Descargar modelo de cartas para beneficiarios con conta dispoñible

8.- Comprobación da cuantía da axuda

O importe individual da axuda calculouse en aplicación da metodoloxía contemplada no anexo I do Real Decreto-lei 15/2018, do 5 de outubro, atendendo ao grao de vulnerabilidade  segundo o definido na normativa reguladora do Bono Social Eléctrico, así como á zona climática na que se localice a vivenda na que se atope  empadroado o beneficiario.

As contías das axudas para percibir en Galicia, en función da zona climática na que reside, e a súa consideración de vulnerabilidade  son as seguintes:

 

ZONA CLIMÁTICA CONSIDERACIÓN AXUDA (€)
C Vulnerable 49,84
C Vulnerable Severo 79,74
C Risco de exclusión social 79,74
D Vulnerable 67,56
D Vulnerable Severo 108,10
D Risco de exclusión social 108,10
E Vulnerable 77,46
E Vulnerable Severo 123,94
E Risco de exclusión social 123,94

Comprobación Zona Climática

No seguinte link pode consultar a zona climática que corresponde á súa residencia

Máis Información

Para más información poden chamar ao 881 55 49 13, indicando “Bono Térmico” no motivo da súa consulta.