INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio  Eficiencia Enerxética  Doméstico

DOMÉSTICO

DomesticoO consumo enerxético no sector doméstico aumenta ano tras ano debido a unhas esixencias de maior confort por parte dos cidadáns.

Son varios os factores que explican este incremento do consumo de enerxía: por un lado o aumento do número de fogares, pese a non aumentar a poboación, e por outro lado o aumento do consumo de enerxía por fogar, como consecuencia das melloras de equipamento para calefacción e a adquisición crecente de novos electrodomésticos (lavalouzas, secadoras de roupa, microondas, deshumidificadores, equipos de aire acondicionado, decodificadores TDT, reprodutores e gravadores de DVD, ...), a gran maioría de baixa eficiencia enerxética.

Na gráfica de evolución do consumo de enerxía final apreciase a diferenza entre un escenario base, sen aplicar medidas de aforro e un escenario de eficiencia no que si se aplican. 

 

Actuacions no sector Doméstico

Campañas informativas sobre boas prácticas de utilización da enerxía no fogar

Inclúense campañas sobre o uso eficiente da enerxía no fogar (envío de trípticos de boas prácticas aos consumidores) e sobre a liberalización do sector enerxético (gas e electricidade), unha liña telefónica de atención directa, para que toda a cidadanía poida realizar consultas e resolver dúbidas sobre o aforro de enerxía e a liberalización do sector enerxético e un sitio na páxina web do Inega, www.inega.es, con información sobre aforro enerxético e etiquetaxe dos equipos electrodomésticos así como sobre a liberalización dos mercados enerxéticos.

sector_domestico

Programas de xestión da demanda

Desde o Inega promóvese a implantación de programas de xestión da demanda, destinados a introducir nos fogares galegos aqueles equipos enerxeticamente máis eficientes. Neste senso, o Inega, seguindo a Estratexia de Aforro 2004-2012 (E4), realiza e continuará realizando campañas (informativas e de axudas) para fomentar:

  • A mellora das instalacións térmicas dos edificios (substitución de equipos de produción de calor e frío e de equipos de movemento dos fluídos portadores por outros dun maior rendemento enerxético; instalación de sistemas de arrefriamento gratuíto por aire exterior e de recuperación de calor do aire de extracción; automatización das instalacións para adaptar en todo momento a produción térmica á demanda de cada unha das zonas do edificio).
  • A mellora das instalacións de iluminación interior (substitución do conxunto luminaria-lámpada-equipo por outro con luminarias de maior rendemento, lámpadas de maior eficiencia e reactancias electrónicas regulables e que permitan reducir a potencia instalada en iluminación, cumprindo cos requirimentos de calidade e confort visual regulamentados; instalación de sistemas de control de acendido por presenza e regulación de nivel de iluminación segundo a achega de luz natural).
  • Implementación de criterios de eficiencia enerxética na rehabilitación da envolvente térmica do edificio.
  • A substitución de electrodomésticos por outros máis eficientes (clase A ou superior), especialmente frigoríficos, conxeladores, lavadoras e lavalouzas (Plan Renove de electrodomésticos).

Estratexia enerxía-vivenda

domestico03A posta en marcha da cualificación enerxética de edificios da resposta á Directiva 93/76 do Consello da Unión Europea, publicada no Diario Oficial das Comunidades Europeas de 22 de Setembro de 1993, que ordena aos Estados membros a instauración e aplicación de programas de rendemento enerxético no sector de edificios e á Directiva 2002/91/CE do Parlamento Europeo, de 16 de Decembro, de fomento da eficiencia enerxética nos edificios.

O obxectivo da certificación enerxética de vivendas é limitar o incremento das emisións de CO2 a través duns edificios enerxeticamente máis eficientes e por outro lado mellorar a calidade da vivenda mediante deseños con menores esixencias de consumo, que se traducirían nun aforro para o usuario.