INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio  Eficiencia Enerxética  Plan de Aforro e Eficiencia na Administración Pública

Introdución

A Directiva 2006/32/CE, sobre a eficiencia enerxética do uso final da enerxía e os servizos enerxéticos, establece que o sector público debe adoptar medidas de eficiencia enerxética, de xeito que se comuniquen as actuacións exemplares de cara á sociedade.

As Administracións Públicas deben desempeñar un papel activo no aforro de enerxía e na mellora da eficiencia enerxética, non só como lexisladores, promotores e financiadores de medidas de mellora, se non tamén como consumidores de enerxía.

O Consello da Xunta, na súa reunión do pasado 24 de febreiro de 2011, á proposta da Consellería de Economía e Industria, ven de impulsar o Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética na Administración Pública de Galicia 2011-2013.

Este plan, pretende incidir de xeito notable no sector público, tanto polo potencial de aforro existente, como polo seu papel de liderazgo e exemplaridade que representa de cara á sociedade. Trátase de definir, dentro do ámbito das administracións públicas, as actuacións necesarias para a obtención do máximo rendemento enerxético, así como as directrices de organización dos servizos que teñan incidencia no gasto de enerxía, co obxecto de potenciar o carácter exemplarizante que deben dar as diferentes administracións de cara ao fomento do uso racional da enerxía.

Obxectivos

O plan contempla tres obxectivos claramente definidos:

  • Establecer unha estratexia de aforro na Comunidade Autónoma de Galicia para coordinar actuacións de aforro e eficiencia enerxética dentro da Administración Autonómica e Local. Preténdense establecer políticas de aforro e eficiencia enerxética comúns que permitan aproveitar as sinerxías existentes, dadas as elevadas posibilidades coas que conta a administración para acometer accións que favorezan a redución da demanda de enerxía. Designase ao Instituto Enerxético de Galicia como coordinador xeral do plan.
  • Realizar actuacións de aforro e eficiencia enerxética en edificios públicos (centros sanitarios, centros educativos e sociais e edificios administrativos).
  • Incentivar un programa de actuacións en materia de aforro e eficiencia enerxética na administración local galega.

Seguimento dos obxectivos

- Primeiro informe de seguimento.

OBXECTIVO 1: Estratexia de aforro

Convenios de colaboración

Entre Portos de Galicia e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega):

- Acordo marco de colaboración.
- Convenio-Addenda I.

Entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega):

- Acordo de coordinación.

Entre a Deputación de Pontevedra e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega):

- Convenio de colaboración.
- Addenda I.

Entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega):

- Acordo marco de colaboración.
- Convenio-Addenda I.

Entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega):

- Acordo marco de colaboración.
- Acordo de colaboración entre Galaría e o e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega).
- Addenda II.
- Convenio-Addenda III.
- Addenda IV.
- Convenio-Addenda VI.

Entre a Consellaría de Traballo e Benestar e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega):

- Acordo marco de colaboración.
- Convenio-Addenda I.

 

OBXECTIVO 2: Actuacións de aforro e eficiencia en edificios públicos

Diagnoses e auditorías enerxéticas

- Documento resumo.

 

PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA

 

Con estas actuacións nos edificios públicos preténdese acadar un obxectivo de aforro de enerxía do 20% e unha redución do gasto enerxético mínima dun 10% que pode chegar nalgúns casos ao 30%.

Os proxectos de aforro e eficiencia enerxética mobilizarán uns investimentos de 25 M€, cun apoio económico do Inega de 3,7 M€ cos que se estiman uns aforros no primeiro ano de execución de 6,5 M€.

Centro Organismo responsable contratación Documentación
Complexo Hospitalario Universitario Santiago de Compostela (CHUS)

 

SERGAS

Adxudicado

 

- Anuncio de licitación DOUE

- Prego de condicións administrativas particulares

- Resolución de licitación

Detalle da contratación

Ciudad Infantil Príncipe Felipe

Deputación Provincial de Pontevedra

Adxudicado

- Anuncio de licitación DOUE

- Documento descritivo

- Programa funcional

Detalle da contratación

Centro Galego de Tecnificación Deportiva

Secretaría Xeral para o Deporte

Adxudicado

- Anuncio de licitación DOUE

- Prego de condicións administrativas particulares

Detalle da contratación

Residencia de Maiores de Oleiros (A Coruña)

Consellería de Traballo e Benestar

Adxudicado

- Anuncio de licitación DOUE

- Prego de condicións administrativas particulares

Detalle da contratación

Hospital Arquitecto Marcide e Hospital Naval de Ferrol

Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol

Adxudicado

- Anuncio de licitación DOUE

- Prego de condicións administrativas particulares

Detalle da contratación

 

SEGUIMENTO DOS RESULTADOS

- Documento resumo.

 

OBXECTIVO 3: Programa de actuacións de aforro e eficiencia enerxética na administración local

O Inega está traballando xunto coa Fegamp nun convenio de colaboración para coordinar actuacións de aforro e eficiencia enerxética na administración local.