INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía, Empresa e Innovación
inicio ou A Enerxía en Galicia ou MDI Hidróxeno Galicia

MANIFESTACIÓN DE INTERESE EN POTENCIAIS USOS E PROXECTOS RELACIONADOS CO HIDRÓXENO DE ORIXE RENOVABLE CON APLICACIÓN EN GALICIA

No marco dos procesos de transición ecolóxica e cohesión social e territorial, como dous dos eixes de actuación prioritarios do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, así como da maximización da contribución de Galicia á consecución dos obxectivos nacionais e internacionais relacionados co hidróxeno de orixe renovable, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia lanza, a través do Instituto Enerxético de Galicia, un proceso polo que invita a empresas, clusters, asociacións e entidades públicas a manifestar o seu interese no desenvolvemento de proxectos ou iniciativas asociadas á cadea de valor industrial do hidróxeno renovable en Galicia.

En particular, co fin de maximizar o impacto dos proxectos promovidos, preténdese identificar ás partes interesadas en desenvolver accións en áreas clave para o desenvolvemento do sector do hidróxeno renovable en Galicia, tales como:

- Usos e demandas de hidróxeno renovable, mediante a identificación de potenciais usuarios ou demandantes finais interesados en incorporar o hidróxeno de orixe renovable ó desenvolvemento das súas actividades (usos industriais, loxísticos, uso como materia prima, etc.).
- Desenvolvemento tecnolóxico ou a posible adaptación tecnolóxica de equipos para o seu uso con hidróxeno.

- Deseño e fabricación de compoñentes, equipos e sistemas asociados á produción de hidróxeno de orixe renovable: sistemas de xeración de enerxía eléctrica renovable, electrolizadores, sistemas de almacenamento e xestión, compresores, etc.

- Proxectos e/ou desenvolvemento de tecnoloxía para produción, transporte, distribución e almacenamento de hidróxeno renovable.

Actividades de investigación, desenvolvemento e innovación asociadas á cadea de valor do hidróxeno renovable.

- Servizos asociados á toda a cadea de valor do hidróxeno renovable: I+D+i, deseño, fabricación, construción, produción, transporte, almacenamento, etc.

O obxectivo desta Manifestación de Interese é a definición das liñas estratéxicas de actuación no eido do hidróxeno de orixe renovable en Galicia.

As Manifestacións de Interese deberán presentarse ata o 18 de xuño de 2021  (inclusive) e deberán enviarse ao Insitituto Enerxético de Galicia ao enderezo de correo electrónico mdih2galicia.inega@xunta.gal, completando o modelo do Anexo I e indicando no asunto da mensaxe "Manifestación de interese – Hidróxeno Renovable [nome da entidade que envía a proposta]". O modelo pode complementarse cun breve informe ou documentación adicional que procure información relevante cun límite de 3 páxinas. Todas as propostas recibidas se tratarán e se considerarán como confidenciais.

Documentación

Máis información

  • No correo electrónico mdih2galicia.inega@xunta.gal
  • Por teléfono 981 541 509
  • Por videoconferencia, mediante solicitude de cita previa no correo electrónico mdih2galicia.inega@xunta.gal