INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Enerxías Renovables

Solar Fotovoltaica

As instalacións de enerxía solar fotovoltaica utilízanse para a xeración de enerxía eléctrica, e poden estar illadas ou conectadas á rede eléctrica.

As instalacións fotovoltaicas illadas son útiles en zonas ás que non chegan as liñas eléctricas convencionais, e necesitan dun sistema de acumulación de enerxía (baterías) para proporcionar enerxía eléctrica nos momentos nos que non se está captando enerxía solar suficiente.

Pola súa banda, as instalacións fotovoltaicas conectadas á rede implántanse nos lugares ós que si chegan as liñas eléctricas; non necesitan sistema de acumulación e o propietario pode vender o total da enerxía xerada polo sistema, a medida que se vai producindo, a un prezo moi superior ó que merca a enerxía, polo que é rendible económicamente vender toda a produción independientemente de que se necesite ou non.

As instalacións fotovoltaicas teñen polo momento o gran problema do seu alto custo. Para instalacións fotovoltaicas illadas o custo atópase entre 12.000 e 13.000 euros por kWp, e para instalacións conectadas á rede entre 5.500 e 7.000 euros por kWp, en función do tamaño da instalación, equipamento, interconexión, etc.

Este custo aumenta naquelas instalacións nas que se incorpora un sistema de seguemento solar, de forma que os paneis se van orientando cara o sol a medida que o día vai evolucionando.

A produción dunha instalación fotovoltaica con captación fixa en Galicia atópase entre 1.000 e 1.200 kWh anuais por cada kWp instalado, cifra que aumenta para aqueles casos nos que se incorporan sistemas de seguemento solar.