INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio  Enerxías Renovables  Biomasa

BIOMASA

A biomasa é a materia orgánica orixinada nun proceso biolóxico que se pode utilizar como fonte de enerxía. No ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a variedade de materias incluídas no concepto de biomasa permite formular diversas alternativas enerxéticas que se agrupan, principalmente, en tres áreas:

Biomasa forestal e cultivos enerxéticos

A biomasa forestal procede de sistemas forestais arborados e de residuos industriais de madeira. Os cultivos enerxéticos obtéñense a partir de explotacións agrícolas ou forestais, nas que o único obxectivo e obter biomasa cun importante potencial enerxético. Galicia e a primeira rexión española en canto a potencial de residuos forestais, existindo unha dispoñibilidade estimada de case un millón de toneladas por ano de biomasa forestal residual en condición sostida. As características climáticas, a distribución da poboación e a gran tradición e importancia das explotacións madeireiras reflexan un potencial considerable para este tipo de enerxía na nosa Comunidade.

O biogás

O biogás pódese obter a partir da dixestión anaeróbica de efluentes agroalimentarios, augas residuais e residuos de vertedoiros, e pode ser utilizado para a súa combustión tanto en caldeiras como en centrais de xeración eléctrica e coxeración. As estacións depuradoras de augas residuais (EDARs) tamén supoñen un elevado potencial de recursos enerxéticos de biogás debido á gran cantidade de estacións existentes.

Os biocarburantes

A biomasa permite obter combustibles líquidos que poden substituír aos combustibles convencionais ou os seus aditivos. Ademais, a elaboración de biocarburantes a partir de productos agrícolas constitúe unha alternativa para diminuír as emisións de CO2 a atmosfera. Dentro dos biocarburantes máis significativos cómpre salientar o bioetanol, que pode ser utilizado de forma directa, engadido á gasolina ou mediante a súa transformación previa en ETBE, e o biodiesel, que se utiliza misturado ou puro nos motores Diesel.