INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio  Enerxías Renovables  Do mar

DO MAR

O aproveitamento da enerxía do mar atópase, hoxe en día, en proceso de investigación con diversos sistemas que, aínda que non alcanzaron a suficiente madurez tecnolóxica, xa comezaron a dar resultados moi prometedores.

Pódese dicir que na Comunidade Autónoma de Galicia a enexía das ondas presenta un potencial moi superior ó resto das modalidades.

O indubidable interese desta fonte de enerxía motivou a realización de diversos estudos ó respecto en Galicia, coa fin de analizar a posibilidade de implantar de forma experimental algún destes sistemas nalgunha zona das costas galegas. Nestes momentos estase avaliando a viabilidade deste tipo de proxectos, coa esperanza de que nos próximos anos se poida acometer algún deles, que sen dúbida terán un contido inicialmente experimental.