INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio  Enerxías Renovables  Minihidráulica

Minihidráulica

Tradicionalmente veuse aproveitando a enerxía dos cauces dos ríos para a súa transformación en enerxía mecánica, utilizada principalmente para moer gran. Posteriormente, estes aproveitamentos foron derivando cara ás denominadas centrais hidroeléctricas, que levaban a cabo unha posterior transformación en enerxía eléctrica para o autoconsumo e, paulatinamente, a inxección na rede eléctrica.

De forma xeral, pódense distinguir tres tipos de aproveitamentos hidroeléctricos: centrais de encoro (acumulan auga para o seu aproveitamento posterior en xeración eléctrica), centrais fluíntes (xeran electricidade dunha forma continua, a medida que existe caudal dispoñible, sen acumulación) e centrais de bombeo (nelas bombéase auga a cotas superiores nos momentos de excedentes de electricidade – con baixo custo – para posteriormente aproveitala nos momentos de elevado consumo eléctrico no sistema).

Por convenio, dentro dos aproveitamentos hidráulicos para a xeración de enerxía eléctrica distínguense aqueles que teñen unha potencia instalada de máis de 10 MW (grandes centrais) daqueles cuxa potencia instalada é menor de 10 MW (minicentrais).