INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio  Enerxías Renovables  Solar Térmica

Solar térmica

Presentación

Dende o punto de vista enerxético, a situación actual no ámbito da Unión Europea caracterízase polo elevado crecemento da demanda, a importante dependencia do exterior e un aumento preocupante da emisión de gases contaminantes.

Estes aspectos fan que sexa imprescindible impulsar o aproveitamento dos recursos renovables. Dentro destes recursos, destacan pola súa importancia no desenvolvemento da Comunidade as Enerxías Renovables. Estas fontes de enerxía caracterízanse por renovarse ciclicamente, sen prexudicar o medio natural sendo, polo tanto, as máis respectuosas co entorno que nos rodea.

As características xeográficas de Galicia converten a esta Comunidade nun lugar privilexiado para o aproveitamento das fontes de enerxía renovables. Por iso, todos debemos facer un esforzo en prol das enerxías renovables, en especial das que están menos avanzadas.

Con este ánimo o Instituto Enerxético de Galicia elaborou o Programa de Fomento da Enerxía Solar, co que se pretende difundir os beneficios asociados a esta fonte de enerxía e así contribuír a impulsar o seu aproveitamento en Galicia.