INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio  Enerxías Renovables  Solar Térmica  Como funciona

Cómo funciona

O elemento principal destas instalacións é o captador solar, un equipo que aproveita o efecto invernadoiro para transformar a radiación solar en enerxía térmica e transferila ao fluído caloportador.
Existen dous tipos fundamentais de paneis térmicos: os paneis planos e os tubos de baleiro.
O tamaño da instalación depende da súa aplicación, as necesidades enerxéticas, e o tipo de equipos utilizados. A continuación amósanse catro casos típicos de aplicacións coas hipóteses consideradas para o seu deseño:

  • Instalación solar térmica para a xeración de auga quente sanitaria de pequeno consumo.
  • Instalación solar térmica para a xeración de auga quente sanitaria en centro de grande consumo.
  • Instalación solar térmica para a xeración de auga quente sanitaria e apoio á calefacción por chan radiante en vivenda unifamiliar.
  • Instalación solar térmica a para xeración de auga quente sanitaria e climatización de piscina cuberta.