INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio  Enerxías Renovables  Solar Térmica  Instalacions tipo

Instalacións Tipo

1.- Instalación solar térmica para a xeración de auga quente sanitaria de pequeno consumo

A enerxía solar pode ser aproveitada para a xeración de auga quente nas vivendas unifamiliares. Unha grande parte da enerxía necesaria para quentar esta auga pode ser achegada por unha instalación solar térmica que é, en xeral, compatible cos sistemas habituais de enerxía auxiliar.

Hipótese:
Consumo de auga quente diario: 200 litros/día constantes ó longo de todo o ano.

Instalación solar:

instalaciones

2.- Instalación solar térmica para a xeración de auga quente sanitaria en centro de grande consumo

As instalacións solares térmicas poden ser utilizadas para a xeración de auga quente en centros de grande consumo, como hoteis, hospitais, pavillóns polideportivos, etc.; nestes centros é habitual que o consumo sexa constante e elevado durante todo o ano.

Hipóteses:
Consumo de auga quente diario: 3.000 litros/día constantes durante todo o ano.

Instalación solar:

Este tipo de instalacións poderían utilizarse en edificios de vivendas, nos que a captación e a acumulación sería centralizada; polo tanto, existiría un acumulador común para tódalas vivendas, instalándose un contador de enerxía en cada unha delas, de forma que cada propietario se fixese cargo dos custos correspondentes á enerxía realmente consumida. Igualmente, sería posible instalar en cada unha das vivendas un acumulador (acumulación descentralizada), compartindo todas elas a mesma superficie de captación

Instalaciones

3.-Instalación solar térmica para a xeración de auga quente sanitaria e apoio á calefacción por chan radiante en vivenda unifamiliar

Este tipo de instalacións deséñanse co obxectivo de xerar auga quente sanitaria nunha instalación de pequeno consumo e, ó mesmo tempo, apoiar enerxeticamente a calefacción da vivenda utilizando sistemas de chan radiante.

Hipóteses:
Vivenda de características medias.
Consumo de auga quente diario: 200 litros/día ó longo de todo o ano.
Superficie a calefactar: 200 m2

Instalación solar:

Instalaciones

 

4.-Instalación solar térmica para a xeración de auga quente sanitaria e climatización de piscina cuberta

Unha das aplicacións máis rendibles da enerxía solar térmica é a climatización de piscinas. Estas instalacións están comunmente ligadas a un elevado consumo de auga quente sanitaria, que se utiliza nos vestiarios ou pavillóns polideportivos anexos a elas.

Hipóteses:
Consumo de auga quente diario: 4.000 litros/día constantes durante todo o ano.
Dimensións piscina: 25x12 m
Profundidade media: 1,70 m

Instalación solar:

Instalaciones