INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio  Inega  Funcións

Funcións

As súas funcións xerais son:

  • Elaborar e propoñer á consellería competente en materia de enerxía plans e programas en materia enerxética.
  • Promover e, se for o caso, executar os plans e programas indicados, aprobados pola consellería competente en materia de enerxía.
  • Controlar, vixiar e inspeccionar, dentro do ámbito de actuación do Inega e en coordinación coa subdirección xeral competente en materia de enerxía, as instalacións de produción, condución, distribución, subministración e consumo de enerxía, tendo como obxectivo prioritario a seguridade das instalacións.
  • Propoñer a elaboración de disposicións para o establecemento, desenvolvemento e xestión da política enerxética.
  • Fomentar e desenvolver programas de asesoramento e auditoría enerxéticos para impulsar actuacións de aforro e mellora da eficacia enerxética, elaborar programas de racionalización do uso da enerxía e promover o aproveitamento dos recursos enerxéticos.
  • Fomentar e participar en programas e proxectos de investigación e desenvolvemento de tecnoloxías enerxéticas, bens de equipamento e servizos relacionados coa enerxía.
  • Fomentar e participar na avaliación e implantación de sistemas de produción de Enerxía baseados en recursos endóxenos, con especial promoción dos que utilicen enerxías renovables e de coxeración.
  • Elaborar estudos e realizar e emitir informes e recomendacións en materia enerxética para entes públicos ou privados.
  • Organizar programas de formación e reciclaxe profesional, en colaboración con centros de formación de ámbito universitario e profesional.
  • Orientar as persoas usuarias nos hábitos de consumo enerxético mediante campañas e actuacións específicas.
  • Fomentar a participación das empresas e institucións galegas nos programas enerxéticos estatais e internacionais, principalmente os emprendidos pola Unión Europea, así como emitir informe e asesorar sobre as directrices e programas comunitarios dirixidos ao ámbito enerxético.
  • Poderá exercer a representación da Comunidade Autónoma nos organismos previstos pola normativa vixente en materia enerxética.
  • Xestionar a Rede de enerxía da Xunta de Galicia, creada mediante o Decreto 66/2013, do 18 de abril.
  • Realizar un labor divulgativo e formativo no ámbito da certificación enerxética de edificios.
  • Impulsar e xestionar incentivos para a implantación de proxectos de enerxías renovables e de eficiencia enerxética.
  • Asesorar no ámbito enerxético e promover a realización de estudos para a posta en marcha de medidas de eficiencia enerxética e enerxías renovables na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia.
  • Impulsar e realizar o seguimento de proxectos innovadores con carácter demostrativo no ámbito da enerxía.
 
Para o exercicio das devanditas funcións, o Instituto Enerxético de Galicia poderá actuar tanto directamente como a través de calquera das entidades dependentes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo das limitacións establecidas pola lexislación vixente no caso de que a súa actuación comporte o exercicio de potestades administrativas.