INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio  Inega  Organización

ÓRGANOS DE GOBERNO

a) A Presidencia.

A Presidencia da axencia Instituto Enerxético de Galicia corresponde á persoa titular da consellería competente en materia de enerxía. Por razóns organizativas e de oportunidade, a persoa titular da consellería competente en materia de enerxía poderá propoñer ao Consello da Xunta o nomeamento dunha persoa para desempeñar a Presidencia da axencia no seu lugar.

b) O Consello Reitor.

O Consello Reitor estará integrado polos seguintes membros:

a) Presidente/a: a persoa titular da Presidencia da axencia.

b) Vicepresidente/a: a persoa titular da Dirección da axencia.

c) Sete vogais, nomeados pola persoa titular da consellería de adscrición:

– Tres vogais representarán a consellería competente en materia de enerxía e serán designados por esta.

– Dous vogais representará a consellería competente en materia de ordenación do territorio e ambiente e serán propostos por esta.

– Un/unha vogal en representación da consellería competente en materia de facenda e será proposto/a por esta.

– Un/unha vogal representará as corporacións locais e será proposto pola Fegamp.

d) Secretario/a: designado e nomeado polo Consello Reitor entre o persoal que presta servizos na axencia. A persoa titular da Secretaría asistirá ás reunións con voz pero sen voto.

ORDE do 1 de febreiro de 2017 pola que se nomean vogais do Consello Reitor da axencia Instituto Enerxético de Galicia.

ÓRGANOS EXECUTIVOS

A Dirección

É o órgano executivo da axencia Instituto Enerxético de Galicia, e correspóndelle a súa xestión ordinaria e será exercida, por razón do cargo, pola persoa titular da dirección xeral con competencias en enerxía.

OUTROS ÓRGANOS

1. O Comité de Dirección

A persoa titular da Dirección da axencia Instituto Enerxético de Galicia estará asistida por un comité de dirección composto polas persoas titulares da Xerencia, dos departamentos e da Secretaría do Consello Reitor, en caso de que este non exerza posto de director/a de departamento ou xerente/a

2. A Comisión de Control e Seguimento

É o órgano de control do funcionamento da axencia Instituto Enerxético de Galicia e estará composta polos seguintes membros:

a) Unha persoa representante da entidade titular do contrato de xestión.

b) Unha persoa representante da consellería de adscrición da axencia.

c) Unha persoa representante da consellería que ten as competencias en materia de orzamentos.

d) Unha persoa representante da consellería que ten as competencias en materia de avaliación e reforma administrativa.

ESTRUTURA ORGANIZATIVA

1.  A Xerencia, da cal depende a Área de Xestión e Coordinación coas Administracións Públicas.
 
2.  O Departamento de Enerxía, do cal dependen a Área de Enerxías Renovables e a Área de Aforro e Eficiencia Enerxética.