INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Información

Consellos Prácticos

Guía de aforro enerxético.

Guía práctica orientada ós cidadáns. Recolle información sobre medidas de aforro enerxético, seguridade no fogar, liberalización de mercados enerxéticos e enerxías renovables.

10 NORMAS BÁSICAS PARA AFORRAR ENERXÍA

  • Acenda soamente as luces que necesite. Non deixe luces acendidas en dependencias baleiras.
  • Aproveite a luz natural. Abra as persianas durante o día.
  • Programe o seu ordenador para que cando estea inactivo máis de 10 minutos entre o programa de aforro de enerxía.
  • Se non utiliza o ordenador, apague o monitor, xa que consume tanto como unha lámpada de 100W.
  • Evite os consumos ocultos dos equipos eléctricos (fotocopiadoras, impresoras, ordenadores, etc). Cando non os utilice, apágueos.
  • As tecnoloxías informáticas permiten a transmisión e recepción de información se necesidade de utiliza-lo papel.
  • Manteña pechadas as portas e fiestras cando funcione a calefacción ou a climatización.
  • Non abuse da calefacción. Regule o seu termostato nos 18-20 ºC. Peche os radiadores que non necesite.
  • Promova a utilización de papel e consumibles reciclados no seu lugar de traballo.
  • Valore a opción de usa-lo transporte público ou comparta o vehículo con compañeiros que vivan en zonas próximas.

Lembre que un consumo enerxético responsable supón un aforro económico importante, ademais de contribuir á mellora medioambiental.

  1. Descargar Guía de aforro enerxético [PDF]