INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Información ou Preguntas frecuentes

Biomasa

Como se pode aproveitar a enerxía da biomasa nunha vivenda?

A biomasa pode empregarse nas vivendas tanto para a produción de auga quente sanitaria como para a calefacción, para o que se utilizan caldeiras especiais para biomasa como combustible.

Tamén poden utilizarse como apoio á calefacción as estufas/chimeneas que quentan aire a partir da biomasa, aínda que neste caso é máis complexo e menos eficiente a súa distribución a outros habitáculos.

Que tipo de combustibles se poden utilizar nas caldeiras de biomasa?

En función do tipo de caldeira utilizada, os combustibles utilizados poden ser pellets, leña de árbores, residuos forestais, etc.

Canto é o custo dunha caldeira de biomasa?

O custo dunha caldeira de biomasa variable, en función das necesidades da vivenda, pero é algo superior ao doutras caldeiras que utilicen outros combustibles (gas, gasóleo,...). Non obstante, este investimento superior vese en parte compensado polas axudas públicas existentes, ademais de que o gasto no combustible durante a vida da instalación é menor para a biomasa que para outros combustibles.

Por outro lado, utilizando biomasa estaremos a contribuir á protección ambiental e ao aproveitamento dos recursos autóctonos galegos.

Existen subvencións para instalar caldeiras de biomasa?

Existe unha liña de subvencións a fondo perdido para o fomento das enerxías renovables. Esta convocatória publícase anualmente, e permite obter axudas de ata un 30%, aproximadamente, do investimento necesario para a execución dunha instalación de aproveitamento de biomasa (a porcentaxe final dependerá do tipo de sistema, o número de solicitudes e a partida orzamentaria de cada ano).