INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

ENERBIOALGAE

O proxecto EberBioAlgae (Aproveitamento enerxético da biomasa en recursos hídricos degradados ricos en microalgas) encádrase dentro do Programa Operativo de Cooperación Territorial do Sudoeste Europeo 2007-2013 (SUDOE) e conta cun orzamento de 666.731,99 euros, do cales un 75% financiase mediante fondos FEDER e o 25% mediante achegas dos socios participantes no proxecto. Desenvolverase durante os anos 2011 e 2012.

 enerbioalgae_1

Os obxectivos deste proxecto son:

  • Refinar o sistema de produción de biomasa procedente de algas con fins enerxéticos, para mellorar o rendemento dos cultivos.
  • Desenvolver os aspectos metodolóxicos, técnicos, económicos e medioambientais. avanzando no potencial enerxético das microalgas.
  • Identificar e explotar recursos hídricos degradados con elevada carga inorgánica e potencial enerxético. A área de actuación sitúase en Galicia (España) e Aveiro (Portugal).
  • Desenvolver tecnoloxías de instrumentación para o seguemento e control on-line de cultivos enerxéticos, mediante un sistema baseado no emprego de tecnoloxía LIDAR e algoritmos de recoñecemento de patróns que permitan coñecer o estado do cultivo en todo momento.
  • Optimizar a calidade do biodiesel obtido a partir de microalgas (cumpriendo a normativa europea) para estimular o investimento público e privado.
  • Avaliar e demostrar a viabilidade técnica, económica e medioambiental das tecnoloxías desenvolvidas e do proceso posto a punto.

enerbioalgae_2

Os participantes neste proxecto son os seguintes:
 

ESPAÑA

  • Universidade de Vigo
  • Universidade de Almería
  • Inega

PORTUGAL

  • Universidade de Aveiro

FRANCIA

  • Universidade de Pau et Pays de l´Adour
  • Centre national de la recherche scientifique (CNRS)


O plan de traballo deste proxecto estrutúrase en sete Grupos de Tarefas (GT's).

Tres posúen un carácter transversal, con aplicación ao conxunto do proxecto:

  • GT 1. Xestión e coordenación.
  • GT 6. Seguimento e evaliación.
  • GT 7. Publicidade, información e capitalización.


Catro grupos de tarefas son propias e específicas de EnerBioAlgae:
 

  • GT 2. Localización de recursos. Identificación e caracterización da cepa.
  • GT 3. Monitorización on-line de cultivos.
  • GT 4. Caracterización da biomasa e procesos de biocombustibles.
  • GT 5. Demostración da viabilidade técnica, económica e ambiental.


Pódese atopar máis información na páxina web do proxecto: http://www.enerbioalgae.net

enerbioalgae_3