INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

logos_AqualitransAqualitrans

Descrición Proxecto

AQUALITRANS é un proxecto de colaboración entre Augas de Galicia, o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), a Fundación Instituto Tecnológico de Galicia, Águas do Municipio do Porto e o Instituto de Ciência e Inovaçao em Engenharia Mecânica e Engenharia Industrial (INEGI).

A entidade pública empresarial Augas de Galicia participa como beneficiario principal do proxecto AQUALITRANS, seleccionado dentro da 1ª convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal 2014-2020.

AQUALITRANS xorde do compromiso das Administracións públicas para a creación dun modelo enerxético eficiente e sostible para as EDARs (Estación Depuradora de Aguas Residuales), co que contribuír aos obxectivos xenerais de desenrolo sostible e protección ambiental aos que aspiran España e Portugal.

mapa_Aqualitrans_2

O proxecto AQUALITRANS basease na elaboración inicial dun estudio de investigación sobre o consumo enerxético en diferentes EDARs  en Galicia e Norte de Portugal; e no desenrolo posterior dun proxecto piloto en EDARs seleccionadas para implantar as medidas de optimización enerxéticas derivadas do estudo.
 

Máis información: http://blogs.xunta.gal/aqualitrans/

Socios 

  • Augas de Galicia. O ente público Augas de Galicia ten competencias na administración e planificación hidráulica de Galicia. As súas atribucións céntranse nos campos de abastecemento, saneamento e depuración, así como o control e planificación hidrolóxica na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.
  • Instituto Enerxético de Galicia (INEGA). Ente público competente en materia de enerxía. Centra a súa actividade na elaboración de programas e proxectos de investigación e desenrolo de tecnoloxías enerxéticas.
  • Fundación Instituto Tecnológico de Galicia (ITG). Entidade que contribúe ao progreso e xeración de coñecemento tecnolóxico e a súa aplicación para o desenrolo da capacidade competitiva de empresas, profesionais e organizacións.
  • Instituto de Ciência e Inovaçao em Engenharia Mecânica e Engenharia Industrial (INEGI). Instituto de novas tecnoloxías orientadas á innovación de base tecnolóxica e transferencia de tecnoloxía.

 

 Obxectivos

  • Unha EDAR debe ser capaz de facer fronte aos retos que se lle expoñen desde a sociedade en termos de calidade das augas emitidas, minimización de custes e redución do consumo enerxético, co obxectivo final de alcanzar a súa sustentabilidade económica e ambiental e contribuír a unha economía global circular.
  • Para lograr este reto é necesario ter un coñecemento detallado dos principais recursos que consome e os principais residuos que xera unha EDAR. E neste punto xorde a necesidade de crear o proxecto AQUALITRANS.
  • O proxecto AQUALITRANS traballa nesta liña de estudio, prestando especial atención á enerxía consumida polas EDARs e ás emisións derivadas do seu consumo, que supoñen un dos maiores impactos ambientais destas instalacións.
  • O desenrolo do proxecto AQUALITRANS permitirá obter unha serie de resultados clave para a mellora enerxética das EDAR e, por conseguinte, para lograr un uso eficiente dos recursos utilizados no proceso de depuración de augas residuais.
  • O obxectivo principal é mellorar a eficiencia enerxética do proceso de depuración de augas residuais nas EDAR, asegurando en todo momento a calidade da auga tratada e logrando mellores rendementos de depuración, menores consumos enerxéticos e emisión de CO2 e diminución de problemas nos procesos.

Actividades 

No marco  deste proxecto realizaranse as seguintes accións:

  • Desenrolo de modelos innovadores de xestión e operación de EDAR baseados na optimización de recursos e o control de procesos mediante o uso das TICs.
  • Creación dun Sistema de Información Geográfico (SIG) coas EDAR da rexión e a súa caracterización.
  • Fomento da viabilidade económica e ambiental en EDAR mediante o control da calidade da auga, a eficiencia enerxética, o uso de enerxías renovables e a redución de residuos e emisións.
  • Demostración do potencial de mellora nas EDAR da Administración Pública, como efecto tractor na rexión transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal.
  • Determinación dunha folla de ruta específica para cada tipoloxía de depuradoras, o que permitirá extrapolar os resultados obtidos a todo o abanico de depuradoras da zona transfronteiriza.

Beneficiados 

  • Os principais beneficiados polo proxecto AQUALITRANS serán os xestores e operadores de EDAR (administracións públicas e empresas privadas) que obterán o coñecemento e as claves que lle permitirán mellorar a eficiencia na súa xestión.
  • Xunto a eles, todos os axentes da cadea de valor (administración, técnicos, xestores, operadores, fabricantes, diseñadores…) vinculados aos procesos de depuración de augas residuais poderán tamén beneficiarse do coñecemento obtido.
  • Así mesmo, o  conxunto da sociedade poderá beneficiarse dun proxecto que permitirá realizar un uso máis eficiente dos recursos naturais nun proceso de necesidade para a poboación, como é o tratamento das augas residuais.

Zonas de actuación

 mapa_Aqualitrans