INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

logo_BIOMASA-APBiomasa-AP

Descrición Proxecto

Biomasa-AP é un proxecto transfronteirizo cuxo obxectivo é a mellora das capacidades dos centros de I+D das rexións de Galicia e Norte de Portugal, para optimizar a explotación e o uso da biomasa procedente de restos de poda forestal, matogueiras, viña e kiwi.

imagen_vid

Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, dentro do Eixe 1 "Crecimiento inteligente a través de una cooperación transfronteriza para el impulso de la innovación”.

Os centros da Euro-rexión traballarán conxuntamente para aplicar métodos e tecnoloxías innovadoras que permitan conseguir un uso enerxético optimizado desta tipoloxía de biomasa, que se caracteriza pola elevada dispoñibilidade na rexión e que, como consecuencia, conta cun elevado potencial enerxético e económico dun recurso que, na actualidade, non se valoriza.

Os traballos expostos por Biomasa-AP permitirán a diminución dos custos de xestión de residuos dos sectores forestais e agrícola, a implantación de mellores sistemas de recollida de residuos e a obtención, comercialización e valorización enerxética de novos biocombustibles.

Máis información: http://biomasa-ap.com 

Socios

O proxecto está enmarcado no territorio de Galicia e Norte de Portugal e nel participan un total de 9 beneficiarios, cinco deles de Galicia e catro de Portugal.

  • ENERGYLAB
  • INEGA
  • UNIVERSIDAD DE VIGO
  • GAIN 
  • FEUGA
  • AREA ALTO MINHO
  • IPVC
  • INEGI
  • AGENCIA ENERGÍA DO CÁVADO

Obxectivos 

  • Incremento da competitividade das empresas agrícolas e forestais pola diminución dos custes na xestión de residuos biomásicos gracias á mellora nos sistemas de recollida e a súa valorización enerxética. Espérase que a biomasa se convirta nun polo de desenvolvemento económico para a Euro-rexión.
  • Obtención de novos biocombustibles a partir de residuos ata agora non densificables mediante o seu mesturado con outros residuos biomásicos.
  • Uso dos sistemas de microcoxeración para este tipo de biomasa aplicable ao ámbito doméstico.
  • Mellora nos rendementos e emisións en caldeiras e estufas xa que os novos biocombustibles serán máis eficientes na súa combustión e con menor emisión de partículas que os existentes, gracias á incorporación de certos aditivos. 
  • Optimización dos gasificadores, derivada do desenvolvemento e optimización das diferentes tecnoloxías de aprovechamiento enerxético
  • Xeración de empleo como consecuencia da creación novas empresas e consolidación das existentes na fabricación de biocombustibles e de tecnoloxías de combustión e valorización.
  • Transferencia de resultados obtidos e creación dunha Rede de Transferencia que abarque non só aos centros de I+D relacionados, senón a todos os axentes implicados ao longo de toda a cadea.

Actividades 

  • Selección e recollida da biomasa.
  • Caracterización da biomasa procedente de restos de poda, matogueiras, kiwi e viña.
  • Análisis dos principais productores de biomasa e avaliación do potencial. Identificarase aos principais productores de biomasa según sector e ubicación xeográfica. A avaliación do potencial levarase a cabo a partir de información con base cartográfica de inventarios, modelos de crecemento, usos do solo…
  • Estudo do estado da arte e análisis comparativo de tecnoloxías de recolección, no que se identificarán tecnoloxías utilizadas noutras rexións que poidan ser usadas para este tipo de biomasa e seleccionaranse equipos para a realización de probas de recollida, comparándoos cos sistemas actuais.

 Novos biocombustibles

  • Deseño, preparación e optimización de novos biocombustibles sólidos: realizaranse estudos e ensaios para a obtención de novos biocombustibles sólidos que teñan un bo comportamento na combustión e con pouca emisión de partículas.
     

Aprovechamiento energético

  • Desenvolvemento de tecnoloxías de aproveitamento enerxético da biomasa: se desenvolverán e optimizarán diferentes tecnoloxías de aproveitamento enerxético a pequeña escala, como sistemas de combustión, de microcoxeración e de gasificación, que se poidan alimentar cos novos biocombustibles desenvolvemento.

 Impacto e transferencia

  • Elaboración de estudos de viabilidade técnico-económica, de impacto no medio rural e de análisis de subvencións, que recollerán a viabilidade e potencial de implantación das novas tecnoloxías e biomasas en edificios pequenos e instalacións da administración pública e edificios de protección oficial, así como o seu impacto a nivel técnico e económico e os seus beneficios na economía e o emprego.
  • Desenvolvemento dunha Rede Transfronteiriza de stakeholders, que permitirá conectar a expertos e axentes interesados na produción e uso de biomasa, crear sinerxias entre eles para a xeración de novas ideas e proxectos e facilitarlles información de utilidade.
  • Formación de axentes públicos e privados, mediante a realización de cursos de formación on-line e presencial, con contidos de carácter económico, técnico e medioambiental, que facilitarán e promoverán a implantación e uso dos novos biocombustibles e das tecnoloxías desenvolvidas e/ou optimizadas no proxecto.