INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

EnerinTown

Descrición Proxecto

Durante os anos 2006, 2007 e 2008, o Inega esta a participar xunto con diferentes organizacións de España, Italia, Irlanda, Portugal, Francia, Lituania, Alemaña e Grecia no proxecto EnerinTown.

Os socios participantes no proxecto EnerinTown son os seguintes:

  • ENTE VASCO DE LA ENERGÍA, EVE (España)
  • INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA, Inega (España)
  • CONSULTANTS ENGINEERS & PLANNERS, LDK (Grecia)
  • TIPPERARY ENERGY AGENCY, TEA (Irlanda)
  • INSTITUTO SUPERIOR TÉCNICO, IST (Italia)
  • AGENCE DE L'ENVIRONNEMENT ET DE LA MAÎTRISE DE L'ÉNERGIE, ADEME (Francia)
  • LITHUANIAN ENERGY INSTITUTE (Lituania)
  • AGÊNCIA REGIONAL DE ENERGIA E AMBIENTE DO ALGARVE (Portugal)
  • ZENTRUM FÜR RATIONELLE ENERGIEANWENDUNG UND UMWELT GMBH (Alemania)
  • AMBIENTEITALIA (Italia)

 

Neste senso, dende o ano 2006 leváronse a cabo as seguintes actividades:

  • Elaboración dun modelo de convenio que deberá asinarse coas autoridades municipais seleccionadas por cada un dos socios.
  • Sinatura dos convenios de colaboración cos concellos que participarán no proxecto: Santiago de Compostela, Maceda, Meaño e Monterroso.
  • Organización nas dependencias do Inega, dun Curso de Xestor Enerxético Municipal para os técnicos dos concellos que participan no proxecto. Creación da figura do Xestor Enerxético Municipal.
  • Elaboración dunha guía para o deseño e construción de edificios empregando criterios enerxéticos, a cal estará rematada no ano 2007 e se enviará a todos os concellos de Galicia.
  • Instalación dos equipos de medida dos consumos de enerxía eléctrica e térmica nos dos doce centros municipais, conexión dos equipos a rede e monitorización dos consumos a través internet. Instalación de paneles informativos en los centros.
  • Deseño dunha base de datos das 100 instalacións municipais monitorizadas por todos os socios do proxecto.
  • Revisión dos programas informáticos do Sistema SICAPDE (Sistema Informático de Captación e Procesamento de Datos Enerxéticos de Galicia, operado polo Inega dende o ano 2004) para permitir a conexión cos equipos de medida das dependencias municipais a través de Internet.
  • Seguimento dos consumos enerxéticos nas diferentes instalacións municipais a través de internet.