INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

Enersilva

Descrición Proxecto

O proxecto Enersilva pretende a constitución dunha rede multidisciplinar de expertos con vocación de permanencia que permitiese abordar con garantías de éxito o aproveitamento da biomasa forestal nos países participantes (España, Francia, e Portugal). Os socios participantes no proxecto baixo o liderado da Asociación Forestal de Galicia poden agruparse:

GALICIA

  • ASOCIACIÓN FORESTAL DE GALICIA
  • CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL. DIRECIÓN DE MONTES E INDUSTRIAS FORESTAIS
  • INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

 PAÍS VASCO

  • CONFEDERACIÓN DE FORESTALISTAS DEL PAÍS VASCO

 CATALUÑA

  • CENTRE TECNOLÒGIC FORESTAL DE CATALUNYA

 AQUITANIA

  • UNION DES SYNDICATS DE SYLVICULTEURS D'AQUITAINE
  • CENTRE RÉGIONAL DE LA PROPRIÉTÉ FORESTIÈRE D'AQUITAINE

 PORTUGAL

  • FORESTIS-ASSOCIAÇAO FLORESTAL DE PORTUGAL
  • CENTRO DA BIOMASSA PARA A ENERGIA DE PORTUGAL

 

O proxecto comenzou nos ano 2005 e remató no mes de xuño de 2007. As principais actividades do proxecto foron:

  • Dinamización dos silvicultores en cada rexión co fin de poñer en marcha iniciativas empresariais de xestión deste recurso.
  • Determinación das tecnoloxías de aproveitamento da biomasa forestal para os bosques de cada zona.
  • Análise e contraste das normativas e das políticas enerxéticas de cada zona amosando os resultados nun estudo comparado que inclúa as mellores propostas sobre medidas e iniciativas de fomento a diferentes escalas.
  • Determinación das posibilidades de desenvolvemento de instalacións enerxéticas de aproveitamento de biomasa forestal en cada lugar.
  • Avaliación da incidencia social e ambiental do uso de biomasa e das medidas que se propoñen para fomentar a súa utilización.
  • Realización dun labor de formación e comunicación que contribúa á consolidación dunha rede permanente de cooperación e xerar, así, as condicións favorábeis para o desenvolvemento enerxético da biomasa.