INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

ESOL

O proxecto ESOL (Enerxía Sostible Local) encádrase dentro do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013(POCTEP)cunha duración de dous anos (2009-2011).

O obxectivo deste proxecto é promover a posta en marcha de proxectos conxuntos de emprego compartido de recursos enerxéticos ademais de operacións de aforro e diversificación enerxética mediante o aproveitamento de fontes de enerxía renovables dispoñibles nas zonas seleccionadas dos países participantes (Galicia e Norte de Portugal).

Neste senso, estanse a desenvolver diferentes accións sustituindo fontes operativas mediante combustibles fósiles ou conexións á rede eléctrica por outros sistemas de enerxías renovables como son a biomasa, a enerxía solar e a xeotermia. Estas actuacións constituirán proxectos demostrativos que permitirán analizar a viabilidade técnico-económica destas fontes de enerxía, aproveitar o carácter exemplarizante das mesmas e axudar á creación dun mercado de biomasa forestal residual con fins enerxéticos na área do proxecto.

Os participantes neste proxecto liderados polo Inega como xefe de fila son os seguintes:

ESPAÑA

  • Concello de A Mezquita
  • Concello de Baltar
  • Concello de Riós
  • Concello de Verín

PORTUGAL

  • Instituto Politécnico de Viana do Castelo (IPVC)
  • Cámara Municipal de Chaves
  • Cámara Municipal de Vinhais

As principales actividades desenvolvidas no proxecto Esol son:

Actividade 1. Diagnóstico

O obxectivo desta actividade é delimitar e identificar a problemática que se pretende solucionar coa implementación deste proxecto. Isto desenvolveuse mediante a localización e situación dos edificios e instalacións onde se pretende actuar.

Actividade 2. Implementación de fontes de enerxías renovables

Nesta actividade vanse a sustituir 13 sistemas actuais de produción de calor nas entidades locais do proxecto con fontes de enerxía fósiles ou con conexión á rede eléctrica por sistemas de enerxía renovable.

ESOL_gal

Actividade 3. Eficiencia

Esta actividade do proxecto inclúe a realización de dúas actividades. A primeira de elas é a elaboración dun curso de Xestor Enerxético Municipal, e a segunda, é a realziación dun estudo da viabilidade do mercado da biomasa en Galicia e Norte de Portugal.

imag1

 Actividade 4. Difusión

Dentro desta actividade vanse realizar dous seminarios técnicos de presentación de resultados do proxecto, ademais de dúas xornadas de apertura e clausura do proxecto. O proxecto tamén conta cunha páxina web (www.esol-project.com) e unha reportaxe multimedia sobre o proxecto que está dispoñible na web.

imag2