INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Información ou Proxectos Europeos

Introdución

A Lei de creación do Inega especifica a necesidade de fomentar a participación das empresas e institucións galegas nos programas enerxéticos estatais e internacionais; principalmente os emprendidos pola Unión Europea.

A dirección do Inega, por ese motivo, préstalle especial interese á participación deste Instituto en proxectos dentro dos diferentes programas enerxéticos europeos.

Froito das propostas presentadas o Inega participa nos seguintes proxectos europeos:

  • AQUALITRANS
    O obxectivo principal é mellorar a eficiencia enerxética do proceso de depuración de augas residuais nas EDAR, asegurando en todo momento a calidade da auga tratada e logrando mellores rendementos de depuración, menores consumos enerxéticos, emisións de CO2 e diminución de problemas nos procesos.
  • BIOMASA-AP
    O obxectivo principal é diminuir os custes de xestión de residuos dos sectores forestal e agrícola, a implantación de mellores sistemas de recollida de residuos e a obtención, comercialización e valorización enerxética de novos biocombustibles.
  • ENERBIOALGAE (Programa INTERREG IV B).
    Aproveitamento enerxético da biomasa en recursos hídricos degradados ricos en microalgas.
     
  • GE2C´S
    Eficiencia, coxeración e xestión enerxética no sector servizos.

  • ESOL (Enerxía Sostible Local).
    Promover a posta en marcha de proxectos conxuntos de emprego compartido de recursos enerxéticos ademais de operacións de aforro e diversificación enerxética mediante o aproveitamento de fontes de enerxía renovables.

  • BIOSOFC (Programa Life).
    Deseño e demostración de 4 plantas de coxeración que utilizarán celdas de combustible de 5 kW de gas e biogás procedentes da dixestión anaeróbica.

  • ENERINTOWN (Programa Enerxía Intelixente para Europa).
    Monitorización e control dos consumos de enerxia nos edificios municipales a través de internet.

     
  • GENER (Programa INTERREG III A).
    Acompañamento ás pemes na implantación de modelos de consumo enerxético máis eficientes.

  • ENERSILVA (Programa INTERREG III B).
    Promoción do uso da biomasa forestal con fines enerxéticos
    .
     
  • FINANCE (Programa Enerxía Intelixente para Europa).
    Fortalecer o papel das asociacións de axencias enerxéticas dos distintos países de Europa.