INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas

Novas

A XUNTA APOSTA POLAS ENERXÍAS RENOVABLES E A EFICIENCIA ENERXÉTICA CO APOIO A 434 PROXECTOS EN EMPRESAS E ADMINISTRACIÓNS

04/07/2018

 - O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, informou hoxe da resolución destas axudas que van mobilizar 30 millóns de euros e contribuír á creación ou mantemento de máis de 250 postos de traballo.

- A través desta iniciativa destinada a empresas e administracións públicas instalaranse equipos de aerotermia, xeotermia e biomasa, ao tempo que se promove a realización de auditorías e proxectos de aforro.

- As axudas enmárcanse nas Directrices Enerxéticas de Galicia, que buscan mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a competitividade do tecido empresarial, mobilizando 3.000 millóns de euros ata 2020 e creando 12.000 empregos.

CONDE DESTACA QUE AS DIRECTRICES ENERXÉTICAS DE GALICIA FOMENTAN AS ENERXÍAS RENOVABLES, O AFORRO, A EFICIENCIA E A MOBILIDADE

27/06/2018

 - O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Vigo na xornada sectorial "Directrices enerxéticas de Galicia: cara unha economía verde", organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia.

 - Explicou que Galicia está aportando á transición enerxética cun investimento previsto de 3.000 millóns de euros nos próximos tres anos, o que permitirá un incremento da capacidade renovable en 1.200 megavatios.
 
- O titular de Economía apuntou que no novo modelo enerxético é preciso dar unha resposta concreta ás necesidades dos consumidores e das empresas desde o punto de vista da competitividade da industria.

A XUNTA DESTACA A IMPORTANCIA DO GAS NATURAL PARA O DESENVOLVEMENTO DO MIX ENERXÉTICO

21/06/2018

 - O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernarco Tahoces, asistiu esta tarde en Ferrol á xornada técnica "GNL: Combustible alternativo para o transporte marítimo".

- Lembrou o compromiso do Goberno galego co impulso ao gas natural, recollido nas Directrices Enerxéticas 2018-2020, tanto no transporte marítimo como terrestre, ao tempo que sinalou a oportunidade que suporá o HUB de GNL de Ferrolterra.

CONDE DESTACA QUE GALICIA É A COMUNIDADE CON MAIOR POTENCIAL DE ENERXÍA UNDIMOTRIZ

12/06/2018

- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou na presentación do proxecto ‘LifeDemoWave’, que instalará un prototipo de boia na zona experimental marítima de Punta Langosteira.

- Galicia, xunto co País Vasco, é a única Comunidade que está a experimentar coa enerxía das ondas, e é a segunda que máis electricidade produce a través de renovables.

- As novas Directrices Enerxéticas da Xunta permitirán a instalación de máis de 1.200 MW de fontes autóctonas.

A XUNTA AVANZA NO PROXECTO DO ECOBARRIO DE OURENSE COA APROBACIÓN DO PROTOCOLO DE COLABORACIÓN ENTRE AS ADMINISTRACIÓNS IMPLICADAS

07/06/2018

- Feijóo resalta que o convenio regulará os compromisos que ten que adquirir cada unha das partes: a Xunta xestionará os fondos e realizará as contratacións e convenios necesarios; o Concello encargarase das licenzas e de aportar os datos, recursos humanos e materiais precisos para acceder ás instalacións necesarias; e Adif executará as obras e tramitacións necesarias.

- Recorda que este proxecto pioneiro se instalará no barrio da Ponte e proporcionará calefacción e auga quente a 31 edificios públicos e 18 edificios particulares.

- Indica que o ecobarrio, ademais de contar coa primeira rede de calor de xeotermia de Europa incorporará iniciativas como: tecnoloxía LED, alumeado arquitectónico na zona da Chavasqueira, sistema de control e xestión intelixente Smart City e unha oficina. 

A XUNTA VALORA A IMPORTANCIA DE QUE O TECIDO EMPRESARIAL GALEGO APOSTE POLA MOBILIDADE SUSTENTABLE

24/05/2018

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, visitou esta maña en Dodro a empresa de transportes Casas e Cía, que vén de renovar toda a súa frota con vehículos con motor de gas natural líquido.

- A Consellería de Economía, Emprego e Industria recolle nas súas Directrices Enerxéticas 2018-2020, como unha das súas prioridades, o fomento da mobilidade con combustibles alternativos.

A XUNTA COMEZARÁ DE INMEDIATO OS TRABALLOS PARA MELLORAR A EFICIENCIA ENERXÉTICA DO COMPLEXO ADMINISTRATIVO DE SAN CAETANO

14/05/2018

- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presentaron hoxe este proxecto, no que se investirán uns 6,5 millóns de euros.

- As obras terán un prazo de execución previsto de 10 meses e actuarán sobre fiestras, cubertas, fachadas e iluminación.

A XUNTA PON EN MARCHA UN ESTUDO PARA COÑECER A CAPACIDADE HIDROTERMAL DAS BURGAS DE OURENSE

11/05/2018

 - O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, asistiu á  presentación dos traballos que realizará a empresa Geocisa.

- O obxectivo é determinar o potencial de explotación termal da zona das Burgas para o que se levarán a cabo traballos de documentación, recoñecemento xeolóxico e hidrolóxico, monitorización e análise.

- Os resultados tamén poderán ser utilizados para o desenvolvemento do Ecobarrio  que prevé que Ourense conte coa primeira rede de xeotermia de Europa cunha rede de district heating que ten un orzamento de 8,3 millóns de euros.

XUNTA E CEAGA ELABORARÁN UN DOCUMENTO CON MEDIDAS PARA ACADAR UNHA MAIOR EFICIENCIA ENERXÉTICA NO SECTOR DA AUTOMOCIÓN

03/05/2018

- Rueda indica que é prioritario nun ámbito como o da automoción que ten tanta relevancia para Galicia, a súa facturación creceu case un 4,5% o ano pasado, xerou preto de 1000 novos empregos e mesmo bateu o seu récord exportador cun crecemento de preto do 22%.

- Di que este documento recompilará información tanto desde o punto de vista cualitativo como cuantitativo.
 
- Incide en que o dito estudo tamén abordará os aspectos lexislativos, as boas prácticas noutras rexións e países ou a utilización de novas tecnoloxías no consumo enerxético.

CONDE DESTACA QUE COAS DIRECTRICES ENERXÉTICAS GALICIA PASOU DAS PALABRAS AOS FEITOS NA SÚA APOSTA POR UNHA ECONOMÍA VERDE

24/04/2018

- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, compareceu no  Parlamento para explicar as Directrices Enerxéticas 2018-2020, a planificación da Xunta para abordar o cambio do modelo enerxético.
 
- Suporá un investimento de máis de 3.000 M€ nos vindeiros tres anos, o triplo que o destinado a este sector desde 2009, e permitirá crear 12.000 empregos.
 
- O desenvolvemento das enerxías renovables terá un especial protagonismo coa instalación de 1.200 MW e levarase a cultura da eficiencia enerxética a familias e empresas.
 
- Avanza a posta en funcionamento de dous novos parques eólicos en Muxía no verán e incide en que Galicia contará coa primeira rede de xeotermia de Europa no Ecobarrio de Ourense.
 
- A Xunta pretende mellorar a calidade de vida dos cidadáns, crear oportunidades para as empresas do sector enerxético e desenvolver unha economía máis competitiva.
1 2 3 4 5 >> >>> >|