INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

PONTEAREAS CONTA COA PRIMEIRA PLANTA DE BIOMASA QUE APORTARÁ CALOR E AUGA QUENTE A UN CENTRO PÚBLICO.

11/04/2008

As Consellerías de Innovación e Industria e Medio Rural aportaron preto de 200.000 euros a esta iniciativa integrada no proxecto de cooperación transrexional Enersilva Promoción do uso da biomasa forestal con fins enerxéticos no suroeste de Europa do Programa INTERREG III no que participan como socios en Galicia o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), a Dirección Xeral de Montes e Industrias forestais e a Asociación Forestal de Galicia.Ponteareas. O Centro Multiusos de Xinzo , propiedade da Comunidade de Montes de Xinzo en Ponteareas (Pontevedra), xa conta cunha planta de biomasa como fonte de enerxía térmica que aportará calor e auga quente aproveitando a biomasa forestal primaria.

A planta de biomasa de Xinzo foi inaugurada polo Vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quíntana nun acto que contou coa presenza do Conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal e o director do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Juan J. Álvarez Carril.

Esta planta de biomasa forestal, non vinculada á industria, é a primeira que se pon en funcionamento en Galicia co obxectivo de proporcionar calor e auga quente a un centro público, sede dos propietarios da comunidade de montes e da Asociación Forestal do Sur de Galicia.

A planta de biomasa forestal de Xinzo, financiada maioritariamente polas Consellerías de Innovación e Industria e Medio Rural, evitará o consumo de combustibles fósiles e o elevado risco de incendios nos montes desta comarca.