INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

AGORA, SE QUERES EMITIR MENOS CO2, PODEMOS AXUDARCHE.

08/01/2008

Liña de axudas á compras de vehículos novos eléctricos ou híbridos (con capacidade de tracción eléctrica ao 100% mediante baterías).A modernización do parque automobilístico de turismos para aproveitar as vantaxes da maior eficiencia enerxética dos vehículos novos alimentados con enerxías alternativas ás convencionais (gasolina e gasóleo).

Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada residentes ou radicadas na Comunidade autónoma de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será do 15 de outubro de 2007 ata o 30 de xuño de 2008 ou ata remate de fondos.

Vehículos turismos novos de propulsión eléctrica a partir de batería ou hibrida (sempre que teñan capacidade de tracción eléctrica ao 100% mediante baterías) que produzan emisións inferiores a 140 gramos de CO2/Km.

O importe da axuda é de 2.000 € por vehículo. O orzamento destinado para o Plan é de 187.086 €.