INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

SI VOSTEDE QUERE SABER CANTO SE INCREMENTARÁ A SÚA NOVA FACTURA, UTILICE O SIMULADOR DO INEGA.

03/07/2008

Santiago de Compostela, 3 de Xullo de 2008.

O Instituto Enerxético de Galicia (Inega), pon a súa disposición un simulador para coñecer o incremento da factura eléctrica dende a entrada en vigor das novas tarifas.

Con este simulador, e de maneira sinxela e instantánea, vostede poderá coñecer o novo importe do recibo da luz que terá que abonar coa recente subida das tarifas eléctricas. Só introducindo os datos nas casillas que aparecen no simulador,utilizando o último recibo ou posteriores a febreiro, coñecerá a cantidade a pagar e o incremento.

O Inega pretende con este simulador, que vostede coñeza de antemán o que vai pagar de recibo da luz, tanto de tarifa nocturna como de tarifa social.

O funcionamento da aplicación e moi sinxelo e intuitivo. Consta de dúas partes:

PRIMEIRA PARTE


Calculase o gasto da factura actual aplicando os prezos en vigor regulados pola Orde ITC/3860/2007 de 28 de Decembro.

  • Deberá introducir os seguintes datos: Potencia contratada, Discriminación horaria, Período de lectura e Lectura consumo. Por si alguén dubida ou non atopa os valores que debe introducir para que a aplicación poida realizar os cálculos, dispón de axuda premendo no botón á dereita de cada variable que aparece cun símbolo de interrogación.
  • Unha vez cubertos estes datos, premendo no botón "Calcular" a aplicación presentará o custo desagregado en: termo de potencia, termo de consumo, imposto especial de electricidade e IVE, así como o importe total. No cálculo non se ten en conta alugueres de equipos de medida, descontos de comerciais, recargos por consumo de enerxía reactiva e a posible utilización de maxímetro, motivo polo que nalgúns casos non coincidirá exactamente o valor de facturación co calculado pola aplicación.


SEGUNDA PARTE

Este simulador permite coñecer o custo que tería a mesma factura eléctrica aplicando as novas condicións. Neste sentido, salientar os seguintes aspectos:

  • A nova discriminación horaria que substitúe a denominada "tarifa nocturna" esixe contratar a máxima potencia demandada tanto en período "punta" como en "valle" polo que nestes casos pode ser necesario aumentar a potencia contratada, en previsión desta circunstancia a aplicación permite modificar a potencia inicial.
  • A "tarifa nocturna" ten un período "valle" de 8 horas de duración mentres que na nova discriminación horaria é de 14 horas. A conversión de consumos calcúlase de acordo coa disposición transitoria 2ª da proposta da orden, pola que se indica que mentres non se realice a substitución dos contadores a denominada "tarifa nocturna" facturarase considerando o 69% do consumo "valle" e o 31% do consumo "punta".
  • A tarifa social é unha modalidade nova que introduce a orde e da que se poden beneficiar as subministracións que utilicen como vivenda habitual e teñan contratada unha potencia eléctrica inferior a 3 kW.


De realizarse algunha modificación na potencia contratada, será preciso premer o botón "Calcular". A aplicación calcula automaticamente ademais da nova facturación, a diferenza coa situación actual.

Os resultados finais mostrados na pantalla poden enviarse á impresora premendo no botón "Imprimir".