INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

O INEGA ASINARÁ UN CONVENIO CO INSTITUTO PEDAGÓXICO "ENRIQUE JOSÉ VARONA" PARA POTENCIAR A ENERXÍA RENOVABLE NO SISTEMA EDUCATIVO CUBANO.

26/05/2008

O director do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Juan José Álvarez Carril asegurou trala xuntanza coa Directora de Relacións Internacionais do Ministerio de Educación cubano, Olga Reyes, que "dende o Goberno galego tentaremos contribuír ao desenvolvemento tecnolóxico e a fiabilidade dos sistemas que xestionan as ferramentas e contidos educativos que se deseñan no laboratorio pedagóxico do Ministerio."

Neste sentido, o director do Inega afirmou que proximamente se asinará un convenio de colaboración entre ambas entidades con este fin.

O director do INEGA asiste estes días ao Simposio Internacional GEA 2008 que se está a celebrar na histórica "ciudad Libertad" de la Habana, na que participan máis de trescentos técnicos e especialistas en enerxía e medio ambiente de diferentes zonas do Estado español e cubano.

Este proxecto educacional participativo comezou no ano 1995 e ten por obxecto asegurar a formación de profesionais e estudantes, a través da realización de talleres prácticos, conferencias e intercambios científicos en comisións.

Álvarez Carril, impartirá unha conferencia centrada no sector enerxético galego na que salientará as principais liñas de traballo e política enerxética deseñadas pola Consellería de Innovación e Industria e os proxectos nos que está a participar o Instituto Enerxético de Galicia.