INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

O DIRECTOR DO INEGA CLAUSURA O CURSO ONLINE ORGANIZADO POLAS UNIVERSIDADES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E A HABANA NO SIMPOSIO SOBRE ENERXÍA GEA 2008.

01/01/1970

A Habana, 27 de maio de 2008.

O director do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Juan J. Álvarez Carril clausurou o primeiro curso online organizado polas universidades de Santiago de Compostela e a Habana enmarcado no Simposio Internacional de Enerxía Gea 2008 que se está a celebrar en "Ciudad Libertad" no municipio de Marianao na capital de Cuba.

Cerca de 30 profesores de ambas universidades participaron neste primeiro curso virtual onde, durante nove meses, intercambiaron experiencias centradas na necesidade de crear unha nova cultura ambiental, desenvolvemento sostible, aforro enerxético , eficiencia enerxética, e outras cuestións relacionadas co este sector.

Álvarez Carril fixo entrega dos diplomas acreditativos aos participantes que previamente a este acto, expuxeron os seus proxectos educativos.

O director do Instituto Enerxético de Galicia, (Inega) asegurou que "as actividades de formación que se presentaron constitúen un exemplo e unha peza clave para acadar os obxectivos que calquera pais se propoña no ámbito enerxético".

Neste sentido, salientou a importancia destes encontros internacionais xa que "permiten aportar coñecementos sobre modelos diferentes de planificación enerxética segundo as distintas realidades dos países".

O Simposio Internacional de Enerxía GEA 2008, continuará a súa actividade ata o día 31 combinando diversas conferencias e talleres prácticos nos que os participantes tentarán intercambiar experiencias e proxectos e metodoloxías educativas das comunidades que representan.