INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

O INEGA REÚNESE CON MEMBROS DA COMISIÓN EUROPEA PARA AVANZAR NO PROXECTO BioSOFC DO PROGRAMA LIFE.

07/11/2008

Santiago de Compostela, 7 de Novembro de 2008.
O principal obxectivo deste proxecto internacional é demostrar os beneficios enerxéticos, ambientais e económicos que pode chegar a proporcionar a implantación de sistemas de coxeneración baseados en pilas de combustible de óxido sólido, alimentadas con biogás de diferentes calidades. Neste caso utilizaríase como fonte de enerxía primaria, biogás procedente da dixestión anaerobia de residuos orgánicos dunha industria cárnica é tamén biogás xerado en diferentes depósitos controlados de residuos sólidos urbanos.

Este proxecto pretende utilizar pilas SOFC aproveitando o biogás producido polos residuos orgánicos procedentes dos vertedoiros ou da dixestión anaeróbica.

O uso do biogás como combustible en pilas de combustible de óxidos sólidos (SOFC) permitirá producir, tanto electricidade como calor, a vez que reducirá o impacto ambiental do biogás dando solución a problemas asociados coa seguridade, custe e disposición de residuos sólidos urbanos e dos residuos derivados de explotacións gandeiras.

Por outra banda, este proxecto tamén pretende comprobar a fiabilidade de novos filtros para a limpeza das diferentes calidades de biogás.

O proxecto inclúe o desenvolvemento de dous sistemas CHP, compostos cada uno por una pila SOFC e os seus respectivos filtros, que se testarán con biogás de distinta procedencia e calidade co fin de poder analizar os efectos das diferentes composicións de tipos de biogás sobre as pilas.

Polo tanto, os sistemas CHP analizáranse con biogás procedente da planta de biogás de vertedoiro integrada no Centro Integral de Tecnologías Ambientales de Coll Cardús en Vacarissess (Barcelona) propiedade da compañía Hera, da planta de tratamento de residuos gandeiros Purines Almazán, S.L. en Almazán (Soria) e da planta de biogás do vertedoiro de Areosa en Cerceda (A Coruña), nas instalacións de Sogama.

Entre os beneficios de empregar pilas SOFC destacan, a mellora da eficiencia eléctrica ata un 42%, así como a mellora da eficiencia global (calor e electricidade) ata un 85%, fronte ó 80% de eficiencia máxima que alcanzan os motores de combustión de menor tamaño.

O proxecto, no que están a participar o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Biogas Fuel Cell, Hera Amasa, Profactor (Austria), Protecma, KIBZ (Alemania), SOGAMA e a Fundación del Patrimonio Natural de Castilla y León, conta cun orzamento de 2 millóns de euros cofinanciados no seu 30% pola Comisión Europea.