INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

AMPLIACIÓN DE PRAZO DE SOLICITUDE DO PLAN DE VEHÍCULOS EFICIENTES 2009.

04/08/2009

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2009.

O prazo de solicitudes do Plan de Vehículos Eficientes 2009 comezou o 1 de xaneiro de 2009 cun orzamento de 720.000 €. Este plan pretende apoiar a modernización do parque automobilístico de turismos para aproveitar as vantaxes da maior eficiencia enerxética dos vehículos novos alimentados con enerxías alternativas ás convencionais, e para elo subvenciona á compra de vehículos novos de propulsión eléctrica, híbrida ou alimentados con gas natural, glp, ou hidróxeno matriculados entre o 01/05/2008 e o 30/08/2009.

A día de hoxe, o Inega amplía o prazo de solicitude e de data límite de matriculación dende o 30/08/2009 ata o 30/11/2009.

Ademais, as transformación de vehículos a GLP que se realicen antes de tres meses da data da súa primeira matriculación pasarán a ter a consideración de vehículos novos alimentados a GLP e polo tanto poderán beneficiarse dunha axuda máxima de 2.000 €, en lugar dos 450 € que tiñan ata agora. A estes efectos, considerarase como data de transformación a de paso da ITV posterior a esta.