INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

ELISEO DIÉGUEZ GARCÍA TOMOU HOXE POSESIÓN COMO NOVO DIRECTOR DO INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (Inega).

29/06/2009

Santiago de Compostela, 29 xuño de 2009.

O Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández participou hoxe no acto de posesión do novo director do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Eliseo Diéguez García, celebrado nas dependencias deste organismo.

O director do Inega, Eliseo Diéguez García naceu en Camba, concello de Rodeiro (Pontevedra), no ano 1950 e é enxeñeiro industrial experto en enerxías renovables.

O novo director do Instituto Enerxético de Galicia posúe unha ampla experiencia na Administración, marcada pola municipalidade. En 2004, Diéguez García formou parte da xunta directiva da Federación Galega de Municipios y Provincias (FEGAMP), e un ano máis tarde foi presidente do Comité de Municipios con Parques Eólicos da propia Fegamp, impulsando a redacción dun documento de propostas sobre enerxía eólica.

Diéguez García está considerado como un defensor e especialista das enerxías renovables é un convencido promotor do aforro enerxético así como defensor do medio natural.

Hai que destacar que o novo director do Instituto Enerxético de Galicia foi coordinador e director do Grupo do Traballo de Federacións Territoriais de España con Parques Eólicos e representante de FEGAMP no Consello do INEGA.

Diéguez García xurou o seu cargo nun acto ao que asistiron diversas personalidades da vida municipal galega así como o colectivo de traballadores/as do Instituto Enerxético de Galicia.