INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2010 ou Abril

Abril

AS AXUDAS DE ECONOMÍA E INDUSTRIA A PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA ASCENDEN A 860, UN 46% MÁIS QUE EN 2008, E SUPOÑEN UN INVESTIMENTO ASOCIADO DE CASE 33 MILLÓNS DE EUROS

27/04/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

Javier Guerra indicou que a través da resolución publicada hoxe no DOG se cumpre o compromiso de lograr nesta convocatoria unha redución dun 33% nos tempos de tramitación e resolución das subvencións

O titular autonómico resaltou o especial compromiso da Consellería de Economía e Industria e do Inega cos concellos, para os que se habilitaron liñas de axudas específicas de ata o 75% do custe, e se destinou un orzamento de case 4,5 millóns de euros, practicamente a metade do total concedido nesta convocatoria

En total foron outorgadas 267 axudas a municipios a través de 14 liñas diferentes de axudas, o que representa o 31% sobre o total

O número total de concellos beneficiarios é de 164, un 50% máis que na anterior convocatoria, o que significa que un 52% das entidades locais recibiron algún tipo de subvención por parte do Inega, que terán como destinatarios unha poboación de preto de 1,8 millóns de galegos.

ECONOMÍA E INDUSTRIA E MEDIO RURAL COLABORAN NO DESENVOLVEMENTO DE ACTUACIÓNS DE FOMENTO DAS ENERXÍAS RENOVABLES

24/04/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O director do Instituto Enerxético de Galicia, Eliseo Diéguez, e o director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, asinaron un convenio de colaboración para establecer criterios claros de delimitación respecto a que actuacións serán subvencionadas por cada un dos organismos

Lograr a complementariedade das axudas evitando a súa duplicidade e diversificar o número de municipios beneficiarios, son os obxectivos prioritarios deste marco de colaboración entre Inega e Agader

HOXE DEU COMEZO O PROGRAMA DE CURSOS DE ECONOMÍA E INDUSTRIA PARA ESTE ANO SOBRE CERTIFICACIÓN ENERXÉTICA DE EDIFICIOS

20/04/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O director do Instituto Enerxético de Galicia, Eliseo Diéguez, que inaugurou o primeiro dos seminarios que se desenvolverá na sede do Inega, destacou "o gran interese que están a espertar estes seminarios" e sostivo que "é imprescindible a formación específica neste ámbito para lograr que se consuma menos enerxía e dun xeito máis eficiente no sector"

ECONOMÍA E INDUSTRIA FOMENTA A IMPLANTACIÓN DE ENERXÍAS RENOVABLES EN EDIFICIOS PÚBLICOS MEDIANTE O PROGRAMA E-SOL

10/04/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O director do Instituto Enerxético de Galicia, Eliseo Diéguez, adscrito á Consellería que dirixe Javier Guerra, incide "no carácter exemplarizante do proxecto, co que pretendemos que este modelo de aposta polas fontes renovables sexa un referente a seguir para outras institucións e entidades públicas"

Diéguez sostén que E-SOL "é un exemplo claro da aposta da Xunta de Galicia pola potenciación das enerxías renovables e polo fomento do aforro e da eficiencia enerxética"

O Inega dirixe e coordina este programa de cooperación transfronteriza España-Norte de Portugal dotado cun orzamento superior a 1,2 millóns de euros e no que participan os concellos de Verín, Baltar, A Mezquita, Riós, as cámaras municipais de Chaves e Vinhais e o Instituto Politécnico de Viana do Castelo

UN ESTUDO DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA CONCLÚE QUE OS BUQUES PESQUEIROS PODEN CHEGAR A AFORRAR ANUALMENTE MÁIS DE 73.000 LITROS DE COMBUSTIBLE E PRETO DE 30.000 EUROS

06/04/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O director do Instituto Enerxético de Galicia, Eliseo Diéguez, presentou hoxe en Celeiro os resultados extraídos das 98 auditorías realizadas, no marco do convenio de colaboración entre o Inega e o Centro Tecnolóxico da Pesca co fin de mellorar a eficiencia no sector

A materialización deste acordo supuxo un fito na realización de auditorías enerxéticas en barcos de pesca en Galicia e mesmo en España e Europa

A porcentaxe de aforro acadable que se pode obter mediante a aplicación das medidas de optimización enerxética propostas varía en función da tipoloxía dos buques pesqueiros, sendo os barcos de pesca artesanal os que máis poden reducir os seus custos, ata un 48%

Para dar a coñecer as medidas de optimización enerxética que se propoñen con este estudo e, sobre todo, para fomentar a súa aplicación práctica entre o sector organizaranse diversas xornadas divulgativas en diversos portos galegos e faráselle a presentación personalizada dos resultados a cada un dos patróns das 98 embarcacións auditadas

ECONOMÍA E INDUSTRIA IMPLEMENTA A SÚA APOSTA POLO AFORRO E A EFICIENCIA ENERXÉTICA MEDIANTE O DESENVOLVEMENTO DE 14 CONVENIOS CUN INVESTIMENTO SUPERIOR AOS 2 MILLÓNS DE EUROS

01/04/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

A sinatura destes acordos de colaboración con distintas organizacións e entidades, cun investimento asociado de 2.739.661 euros, insírese na aposta global da Xunta de Galicia pola potenciación do aforro e da eficiencia enerxética e polo fomento das enerxías renovables

A Consellería que dirixe Javier Guerra, a través do Instituto Enerxético de Galicia, contempla tamén un amplo programa de axudas específicas para potenciar estes dous eixos vertebradores da política enerxética cun investimento de preto de 16 millóns de euros, así como campañas informativas como a que desenvolveu con motivo do Día Mundial da Eficiencia Enerxética

Os obxectivos prioritarios para a Xunta de Galicia neste ámbito son os de chegar a 2015 producindo con enerxías renovables máis do 95% do consumo de electricidade en Galicia e o de conseguir reducir a taxa actual de incremento da demanda de enerxía dun 0,99 a un 0,25%