INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

ECONOMÍA E INDUSTRIA DESENVOLVERÁ UN SEMINARIO SOBRE O APROVEITAMENTO DAS ENERXÍAS RENOVABLES E A XESTIÓN ENERXÉTICA SOSTIBLE NAS ENTIDADES LOCAIS NO MARCO DO PROXECTO E-SOL

24/12/2010

- A xornada informativa, que se desenvolverá o próximo 18 de xaneiro na EGAP, pretende dar a coñecer as potencialidades de uso que as fontes renovables presentan para os concellos, así como as diferentes liñas de axuda que o Instituto Enerxético de Galicia ten para o aproveitamento das enerxías renovables e para o fomento do aforro e da eficiencia

- As inscricións deberán realizarse on line, a través de www.inega.es, co día 11 de xaneiro como data límite

- E-SOL é un exemplo máis da aposta estratéxica da Xunta de Galicia pola potenciación das enerxías renovables e do aforro e da eficiencia enerxética

Santiago, 24 de decembro de 2010.- Dar a coñecer as actuacións que, cun marcado carácter exemplarizante, se están a levar a cabo no marco do programa E-SOL ("Enerxía Sostible Local") co fin de incentivar a implantación de enerxías renovables en edificios e instalacións municipais, así como promover o desenvolvemento doutras experiencias similares, é o obxectivo primordial do seminario técnico sobre "O aproveitamento das enerxías renovables e a xestión enerxética sostible nas entidades locais" que impulsado por Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), se desenvolverá o próximo 18 de xaneiro na EGAP (Escola Galega de Administración Pública), en xornada de mañá.

O encontro de carácter gratuíto está enfocado principalmente a persoal da administración local e autonómica, a representantes de empresas do sector enerxético, aínda que está aberto en xeral a todo tipo de público. Os interesados en tomar parte nel deberán realizar a súa inscrición on line a través da páxina web do Inega, www.inega.es, sendo o día 11 de xaneiro a data límite para poder realizar o trámite. O aforo será limitado a, aproximadamente 280 persoas, e seguirase orde rigoroso de inscrición.

Neste foro tamén se expoñerán as distintas liñas de axuda que o Instituto adscrito ao departamento que dirixe Javier Guerra ten habilitadas para o aproveitamento das enerxías renovables e para o fomento do aforro e da eficiencia, no ánimo de promover unha xestión enerxética máis eficiente e sostible.

Xestación e evolución do proxecto
O proxecto E-SOL comezouse a desenvolver en 2009, baixo a dirección do Inega como xefe de filas, e está previsto que conclúa en xuño de 2011, coa celebración dun seminario técnico final de avaliación de resultados que se desenvolverá en Viana do Castelo na sede do Instituto Politécnico. Durante o primeiro ano leváronse a cabo as actividades de xestión do proxecto, a través dunha primeira fase de diagnóstico, na que se seleccionaron as instalacións públicas onde se pretendía actuar. Foron escollidos 13 edificios municipais, localizados nas sete localizacións que son socios do proxecto (Verín, Baltar, A Mezquita, Riós, cámaras municipais de Chaves e Vinhais e Instituto Politécnico de Viana do Castelo) para a substitución de sistemas convencionais por sistemas de enerxías renovables.

Practicamente a totalidade das obras están rematadas, xa que das 13 instalacións con fontes de enerxía renovables a implementar nas instalacións locais do proxecto, unicamente falta por rematar a instalación dun sistema de "district heating" no concello de Baltar.

O proxecto E-SOL tamén abrangue formación en xestores enerxéticos municipais, para cuxo fin se realizou durante os pasados meses de xullo e agosto un curso formativo gratuíto sobre Xestión Enerxética Municipal que se desenvolveu vía Internet e que contou en todo momento con tutorización xestionada por expertos do Inega. Participaron preto dun cento de alumnos, dos que superaron o curso case o 80%.

Ademais, no marco deste programa estase a desenvolver un estudo de viabilidade do mercado da biomasa na zona transfronteiriza. A través desta análise comprobarase a viabilidade da biomasa como fonte de enerxía renovable nesta zona propoñendo unha serie de medidas e accións que axuden a implementar e dinamizar un espazo común transfronteirizo de biomasa. O estudo estará concluído no mes de xuño e preténdese presentar os resultados finais no seminario a celebrar nesas datas na sede do Instituto Politécnico de Viana do Castelo.

Programa da xornada
O seminario do martes, 18 de xaneiro, será inaugurado, ás 9.20 horas, por parte do director do Instituto Enerxético de Galicia, Eliseo Diéguez García, e do director da EGAP (Escola Galega de Administración Pública), Pablo Figueroa Dorrego. Abranguerá diversos relatorios sobre a xestión enerxética sostible nas entidades locais, as axudas do Inega para o fomento do aforro e das enerxías renovables ou os resultados esperados do proxecto E-SOL.

Aposta estratéxica
O programa E-SOL ("Enerxía Sostible Local") é unha actuación máis que se insire na aposta estratéxica da Xunta de Galicia pola potenciación do uso das enerxías renovables e do aforro e da eficiencia enerxética para estar en disposición de chegar ao ano 2015 cumprindo o obxectivo prioritario de chegar a cubrir máis do 95% do consumo de enerxía eléctrica en Galicia a partir de fontes de enerxía renovables, de acordo coas directrices do "Plan Enerxético Estratéxico de Galicia 2010-2015" que Economía e Industria está a elaborar para que Galicia recupere o liderado, non só no desenvolvemento das enerxías limpas, senón tamén no eido da eficiencia enerxéti

  1. Descarga