INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

O PLAN RENOVE DE ELECTRODOMÉSTICOS 2010 DE ECONOMÍA E INDUSTRIA PERMITIRÁ AFORRAR A 33.500 FAMILIAS GALEGAS MÁIS DE 1,3 MILLÓNS NA FACTURA ELÉCTRICA, UNHA MEDIA DE 40 EUROS POR FOGAR

07/07/2010

Santiago, 7 de xullo de 2010.

A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), vén de asignar unha partida orzamentaria inicial de 3.100.000 euros para poñer en marcha o Plan Renove de Electrodomésticos 2010, co que se prevé que máis de 33.500 familias galegas aforren un total de algo máis de 1,3 millóns de euros na súa factura eléctrica, o que supón unha media de 40 euros por fogar, e que posibilitará xerar un investimento asociado estimado en 12,4 millóns de euros.

Esta liña de axudas, presentada hoxe polo director do Inega, Eliseo Diéguez, encádrase na aposta global da Xunta de Galicia pola potenciación do aforro e da eficiencia enerxética en todos os sectores, e subvencionará a substitución de electrodomésticos antigos por equipos con etiquetado enerxético A ou superior, co obxectivo final de reducir o consumo de enerxía eléctrica maioritariamente no sector doméstico.

  1. Descarga