INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

MÁIS DE 300 PARTICIPANTES, NA XORNADA INFORMATIVA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA SOBRE O PLAN RENOVE DE ELECTRODOMÉSTICOS 2010

21/06/2010

Santiago, 21 de xuño de 2010.

Representantes de máis de 300 comercios participaron hoxe na xornada informativa sobre o Plan Renove de Electrodomésticos 2010, que a Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), vai poñer en marcha proximamente.

O devandito encontro, que tivo lugar esta mañá, na EGAP, estivo dirixido exclusivamente aos comercios e establecementos adheridos á campaña do Inega e tivo como obxectivo básico explicar en detalle o proceso de cumprimentación e documentación destas axudas de aforro e eficiencia no sector doméstico, polas que se incentivará cun máximo de 125 euros a substitución dun electrodoméstico por outro máis eficiente (clase A ou superior).