INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

Mayo

ECONOMÍA E INDUSTRIA APOSTA POR UN MODELO ENERXÉTICO RESPECTUOSO CO MEDIO AMBIENTE, O AFORRO E A EFICIENCIA ENERXÉTICA, AS ENERXÍAS RENOVABLES E A DIVERSIFICACIÓN ENERXÉTICA

28/05/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O director do Inega da Consellería de Economía e Industria, Eliseo Diéguez, inaugurou hoxe en Carballo as "V Xornadas Enerxías Renovables, Aforro Enerxético e Medio Ambiente", organizadas por Axober.

ECONOMÍA E INDUSTRIA DESTINA 500.000 EUROS Á SEGUNDA EDICIÓN DO PLAN RENOVE DE ELECTRODOMÉSTICOS 2009 E ABRE A SOLICITUDE DE AXUDAS O PRÓXIMO LUNS

21/05/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O director do Instituto Enerxético de Galicia subliña que esta nova actuación, que se enmarca dentro da aposta global da Xunta polo aforro e a eficiencia enerxética, se explica en base ao elevado número de solicitudes recibidas que fixo que os 4 millóns de orzamento inicial se esgotasen en só 29 días

Unicamente con esta segunda edición da campaña se posibilitará un investimento asociado de 2 millóns de euros

A solicitude de axudas, dunha contía máxima do 25% do prezo do electrodoméstico e de ata 125 euros por equipo, poderase realizar ata o 30 de outubro ou ata a finalización de fondos

A incidencia total que se prevé co Plan Renove de Electrodomésticos 2009, executado por completo, é alcanzar un investimento asociado de 18 millóns de euros e chegar a preto de 49.000 familias beneficiadas

ECONOMÍA E INDUSTRIA DESTACA O PAPEL DECISIVO DOS CONCELLOS NA LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO E FAINOS PARTÍCIPES DO PACTO DE ALCALDES E ALCALDESAS

12/05/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

A Consellería que dirixe Javier Guerra promoveu a I Xuntanza de Traballo sobre o Pacto de Alcaldes e Alcaldesas contra o Cambio Climático en Galicia

O obxectivo da reunión de activación desta iniciativa europea é axudar aos concellos a rendibilizar a oportunidade de obter fondos europeos e de investilos na implantación de medidas de aforro e eficiencia enerxética e en proxectos de aproveitamento das enerxías renovables que axuden a mitigar o cambio climático

ECONOMÍA E INDUSTRIA AMPLÍA EN 500.000 EUROS OS FONDOS DO PLAN RENOVE DE FIESTRAS 2009, CUXA SOLICITUDE DE AXUDAS SE ABRE MAÑÁ

10/05/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O director do Instituto Enerxético de Galicia explicou que a posta en marcha desta nova actuación de aforro e eficiencia enerxética nos fogares vén motivada polo elevado volume de solicitudes recibidas, que fixo que o orzamento inicial de 1,2 millóns de euros se esgotase en tan só 3 días

Só mediante esta segunda edición da campaña, se posibilitará un investimento asociado de 2 millóns de euros

A solicitude de axudas, dunha contía de 100 euros por metro cadrado de fiestra, abrirase mañá e poderase realizar ata o 30 de outubro ou ata que se esgote o orzamento ou ata que se esgote o orzamento

A incidencia total que se prevé co Plan de Fiestras 2009, cando estea totalmente executado, é alcanzar un investimento asociado de 6,5 millóns de euros e chegar a máis de 1.300 vivendas beneficiadas

DIÉGUEZ INAUGURA A EXPOSICIÓN “CIENCIA EX AEQUO”, QUE COMBINA O MUNDO DA ENERXÍA E DA CIENCIA, A TRAVÉS DE 12 LENZOS QUE TEÑEN COMO TEMÁTICA DESCUBRIMENTOS REALIZADOS POR MULLERES

04/05/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O presidente de Sotavento e director do Inega, adscrito á Consellería de Economía e Industria, inaugurou a mostra que a autora Margarita Cimadevila cedeu temporalmente ao Parque Eólico Experimental sito en Xermade, unha actividade que se insire dentro da faceta divulgativa e de difusión das enerxías renovables que está a levar a cabo este centro

Ata o 30 de xuño, data de finalización da súa estanza neste Parque Experimental participado polo Inega, serán numerosas as visitas que reciba a exposición, que pretende ser unha homenaxe ás mulleres que traballaron no campo da ciencia