INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Noticias ou Noticias ou 2010 ou Noviembre

Noviembre

O NOVO PLAN RENOVE DE FIESTRAS DE ECONOMÍA E INDUSTRIA MOBILIZARÁ 7,6 MILLÓNS DE EUROS DE INVESTIMENTO CUN ORZAMENTO QUE MEDRA UN 17%

08/11/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O director do Instituto Enerxético de Galicia, Eliseo Diéguez García, presentou en rolda de prensa esta nova actuación, integrada na aposta da Xunta pola potenciación do aforro e da eficiencia enerxética, coa que se pretende acadar melloras significativas na demanda enerxética das edificacións

As axudas, que se poderán solicitar desde o próximo 16 de decembro, serán dun máximo de 100 euros por metro cadrado de fiestra, cuns límites do 25% do custo total da obra e de 5.000 euros por vivenda unifamiliar e de 100.000 euros en edificios do sector terciario

Prevese a renovación en 1.367 vivendas, co que se acadará un aforro de enerxía primaria estimado en 4.382 MWh, o que supón evitar a emisión de 1.726 toneladas de CO2 á atmosfera