INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2011

2011

OS RENOVE DA XUNTA A PROL DA EFICIENCIA ENERXÉTICA EVITAN A EMISIÓN DE 2.800 TONELADAS DE CO2 E PERMITEN MOBILIZAR 30 MILLÓNS EN INVESTIMENTOS

28/12/2011

- Economía e Industria puxo en marcha 5 Plans Renove: Electrodomésticos, Fiestras, Vehículos Eficientes, Climatización e Iluminación Interior.
- Os programas contan cun orzamento conxunto de 6,4 millóns de euros, cos que se prosegue a aposta pola eficiencia e o aforro enerxético.

- O Renove de Fiestras permitirá desenvolver actuacións en 2.500 fogares galegos, o de Climatización suporá a substitución de 1.200 equipos e o de Iluminación Interior beneficiará a 250 vivendas ou edificios da Comunidade.

- No caso do Plan de Vehículos Eficientes facilitará a adquisición de preto de 300 vehículos enerxéticamente máis eficientes.

ECONOMÍA E INDUSTRIA AXUDARÁ Á INSTALACIÓN DE ILUMINACIÓN EFICIENTE ENERXETICAMENTE EN 250 EDIFICIOS E VIVENDAS DE GALICIA

26/12/2011

- A nova edición do Renove de Equipos de Iluminación Interior da Xunta evitará a emisión de 300 toneladas de CO2 á atmosfera.

- As axudas alcanzarán o 25% do custo da nova instalación, chegando ata os 10.000 euros nos bloques de vivendas.

- Este Plan Renove permitirá un aforro de enerxía primaria de 1.900.000 kWh/ano.

- Nesta segunda edición do Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior, a Consellería de Economía e Industria destina un orzamento de 490.000 euros para xerar un investimento asociado de 2 millóns.

ECONOMÍA E INDUSTRIA FOMENTA A EFICIENCIA ENERXÉTICA COA DISTRIBUCIÓN DE MÁIS DE 14.000 GUÍAS DE AFORRO DA ENERXÍA

24/12/2011

- A publicación editada polo Inega ofrece consellos e pautas sinxelas para aforrar enerxía, como empregar correctamente os electrodomésticos ou conducir de forma máis eficiente.

- A baixada dun só grao na temperatura do frigorífico aumenta o seu consumo un 5%, mentres que empregar o lavalouza nun programa económico e a plena carga aforra ata un 60% de enerxía.

- Nas viaxes interurbanas o coche consome, por viaxeiro e quilómetro, case tres veces mais que o autobús.

- A guía, coa que se potencia o uso das enerxías renovables en todos os sectores económicos, recolle tamén as principais liñas de axuda promovidas polo Inega, destacando especialmente os Plans Renove.

- O documento achega un acceso fácil á información para racionalizar o uso dos recursos enerxéticos, diminuír a dependencia enerxética e poder minorar o impacto medioambiental.

ECONOMÍA E INDUSTRIA PROMOVE A EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EDIFICACIÓNS A TRAVÉS DA FORMACIÓN DE ESPECIALISTAS

21/12/2011

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

- O Inega vén de asinar acordos co Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos e co Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais para impartir cursos sobre inspección de eficiencia enerxética e climatización en edificios.

- A Consellería inviste 215.000 euros para formar aos profesionais no fomento do aforro e da eficiencia enerxética en colaboración con sete entidades do sector.

ECONOMÍA E INDUSTRIA ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS DE ATA 7.000 EUROS PARA A ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS EFICIENTES

20/12/2011

- O plan estará vixente ata o 30 de xuño, podéndose consultar xa a listaxe de empresas colaboradoras a través da web do Inega.

- As axudas para adquisición de vehículos "full hybrid" chegan aos 2.300 euros, e aos 2.000 euros para os "mild hybrid".

- Realizaranse 300 transaccións, que permitirán un aforro anual de 82 toneladas de petróleo, evitando a emisión a atmosfera de 266 toneladas de CO2.

- O orzamento deste ano incrementouse un 37%, ata os 700.000 euros, o que permitirá xerar un investimento asociado duns 6,7 millóns de euros.

ECONOMÍA E INDUSTRIA ACTIVA O RENOVE DE CLIMATIZACIÓN PARA SUBSTITUIR MÁIS DE 1.200 EQUIPOS POR OUTROS ENERXETICAMENTE EFICIENTES

19/12/2011

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

- As axudas chegan ata o 30% e evitarán a emisión de 574 toneladas de CO2 á atmosfera.

- A Consellería, a través do Instituto Enerxético de Galicia, pon en marcha a terceira edición da liña de axudas de aforro e eficiencia enerxética Renove Equipos de Climatización, á que se destina un orzamento de 900.000 euros, para xerar un investimento asociado de 3 millóns de euros.

- Prevese un aforro de enerxía primaria de máis de 143 toneladas equivalentes de petróleo.

- Con este Plan a Xunta fomenta a eficiencia da mellora enerxética das instalacións térmicas que se renoven, xa sexan de calefacción, climatización ou produción de auga quente sanitaria.

ECONOMÍA E INDUSTRIA PROMOVE A EFICIENCIA ENERXÉTICA NO SECTOR DA EDIFICACIÓN A TRAVÉS DA FORMACIÓN DE ESPECIALISTAS

18/12/2011

- O Inega colaborará co Colexio Oficial de Enxeñeiros Industrias de Galicia para impartir cursos centrados na normativa edificatoria e a certificación enerxética.

O COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO REDUCIRÁ NUN 20% O SEU CONSUMO ENERXÉTICO, QUE ACTUALMENTE SUPERA OS 38 MILLÓNS DE kWH ANUAIS EN ELECTRICIDADE

17/12/2011

  - A implantación destas medidas permitirá acadar un aforro de máis de 13 millóns de euros en 8 anos.

- O Plan supón un novo modelo de xestión que integra un conxunto de subministros e prestacións complementarias, asegurando a optimización da calidade e a redución dos custes.

ECONOMÍA E INDUSTRIA APOSTA POLA FORMACIÓN DE ESPECIALISTAS EN MATERIA ENERXÉTICA PARA MELLORAR A SITUACIÓN DO SECTOR DA EDIFICACIÓN

11/12/2011

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

- O Inega colabora coa Asociación Clúster da Eficiencia e a Xestión Enerxética (CEXEGA) e coa Federación Galega de Asociacións de Fontanería (FEGAFÓN) para impartir cursos sobre inspección de eficiencia enerxética e climatización en edificios

- As dúas accións, cun importe total de 45.000 euros, formarán aos profesionais no procedemento de certificación enerxética de edificios, no novo Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE) e no Código técnico da edificación.

ECONOMÍA E INDUSTRIA ACTIVA O PLAN DE VEHÍCULOS EFICIENTES PARA AVANZAR NA ESTRATEXIA DE MOBILIDADE SOSTIBLE DA XUNTA

09/12/2011

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

- A nova edición do Plan de Vehículos Eficientes diminuirá o impacto ambiental, cun aforro anual de 82 toneladas de petróleo, evitando a emisión á atmosfera de 266 toneladas de CO2.

- A Consellería incrementa nun 37% o orzamento desta edición, cunha achega de 700.000 euros que xerará un investimento duns 6,7 millóns.

- As axudas chegarán até o 15% do prezo do vehículo e poderán alcanzar os 7.000 euros.


- Máis de 30 concesionarios e talleres participen nesta nova campaña, realizando preto de 300 transaccións.

- A Xunta continuará mellorando os resultados deste Plan tendo en conta que o número de adquisicións e transformacións de vehículos eficientes aumentou nun 11% na actual lexislatura, con respecto ao anterior período de Goberno.

- 876 automóbiles eficientes circulan xa polas estradas galegas grazas a esta campaña.

1 2 3 4 5 >> >>> >|