INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

A PRIMEIRA FASE DO PLAN INTEGRAL DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DO SERGAS PERMITIRÁ Á XUNTA AFORRAR MÁIS DE 135 MILLÓNS DE EUROS EN 8 ANOS

16/11/2011

- Foi presentado hoxe pola conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, e o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra.

- Esta é a primeira vez que se pon en marcha nun servizo de saúde en España un plan destas características, que afronta a situación de forma integral para todos os seus complexos hospitalarios.

- O PIEE permitirá manter a mesma calidade nos servizos optimizando recursos económicos e protexendo o medio ambiente.

Sergas2

Santiago, 16 de novembro de 2011.- O Servizo Galego de Saúde ten previsto acadar un aforro de máis de 135 millóns de euros entre 2012 e 2019 grazas á primeira fase do seu Plan Integral de Eficiencia Enerxética (PIEE). Así o avanzou hoxe a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, quen presentou hoxe este programa xunto co conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, xa que o Instituto Enerxético de Galicia ofrecerá apoio técnico, económico e divulgativo a Sanidade para desenvolver esta iniciativa.

Farjas destacou que esta é a primeira vez que se pon en marcha nun servizo de saúde en España un plan destas características, que afronta a situación de forma integral para todos os seus complexos hospitalarios, e que será, polo tanto, o de maior volume. Isto fai a Galicia pioneira, unha vez máis, na adopción de medidas responsables e necesarias para garantir a sostenibilidade do sistema sanitario público. O PIEE, sinalou, permitirá manter a mesma calidade nos servizos optimizando recursos económicos e protexendo o medio ambiente.

O Plan será apoiado polo Inega, segundo un convenio recentemente asinado entre a Consellería de Sanidade e a de Economía e Industria. Neste sentido, Javier Guerra salientou a importancia dunha actuación conxunta que permite “potenciar a colaboración entre os organismos administrativos”, desenvolvendo políticas de aforro e eficiencia enerxética comúns que “aproveitan as sinerxías existentes”.

Apoio técnico, económico e divulgativo do InegaSantiago, 16 de novembro de 2011.- O Servizo Galego de Saúde ten previsto acadar un aforro de máis de 135 millóns de euros entre 2012 e 2019 grazas á primeira fase do seu Plan Integral de Eficiencia Enerxética (PIEE). Así o avanzou hoxe a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, quen presentou hoxe este programa xunto co conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, xa que o Instituto Enerxético de Galicia ofrecerá apoio técnico, económico e divulgativo a Sanidade para desenvolver esta iniciativa.

Farjas destacou que esta é a primeira vez que se pon en marcha nun servizo de saúde en España un plan destas características, que afronta a situación de forma integral para todos os seus complexos hospitalarios, e que será, polo tanto, o de maior volume. Isto fai a Galicia pioneira, unha vez máis, na adopción de medidas responsables e necesarias para garantir a sostenibilidade do sistema sanitario público. O PIEE, sinalou, permitirá manter a mesma calidade nos servizos optimizando recursos económicos e protexendo o medio ambiente.

O Plan será apoiado polo INEGA, segundo un convenio recentemente asinado entre a Consellería de Sanidade e a de Economía e Industria. Neste sentido, Javier Guerra salientou a importancia dunha actuación conxunta que permite “potenciar a colaboración entre os organismos administrativos”, desenvolvendo políticas de aforro e eficiencia enerxética comúns que “aproveitan as sinerxías existentes”.

Apoio técnico, económico e divulgativo do Inega
Así, Guerra destacou o apoio económico prestado ao Sergas para o desenvolvemento deste Plan Integral de Eficiencia Enerxética, cun investimento de 2,76 millóns de euros. Ademais, subliñou o “apoio técnico para a realización de auditorías e diagnoses enerxéticas, na elaboración dos pregos de contratación dos proxectos, e na realización dun programa de seguimento de resultados”. E todo sen esquecer o apoio divulgativo para dar a coñecer “aos usuarios e responsables dos centros sanitarios” as medidas que fomentan o uso racional da enerxía.

Estas actuacións se encadran, así mesmo, no Plan de Aforro e Eficiencia da Enerxética na Administración Pública de Galicia posto en marcha pola Consellería de Economía e Industria. Un plan que, como recordou o conselleiro, persigue tanto “coordinar as actuacións dos distintos organismos públicos” en materia de aforro enerxético como realizar un programa de auditorías e proxectos e un seguimento dos aforros enerxéticos acadados.

Frear a escalada do gasto
Segundo explicou Pilar Farjas, actualmente os hospitais da rede pública sanitaria galega supoñen a metade do consumo enerxético da Xunta de Galicia, o que se traduce nun gasto anual de máis de 30 millóns de euros. Neste sentido, sinalou que debido ás constantes subidas das tarifas enerxéticas dende o ano 2004, este custe ascendeu máis dun 150% -se ben o consumo subiu algo máis dun 34%-, unha situación que cualificou de “insostible”.

No que atinxe ao incremento de consumo dos centros hospitalarios, este débese a factores como o incremento da tecnificación da medicina, tanto na parte diagnóstica coma na cirúrxica; ás crecentes demandas de maior confort térmico e ventilación, debidos a novos requisitos normativos e ás demandas dos usuarios e profesionais; e ás altas esixencias de fiabilidade, dispoñibilidade e seguridade destas instalacións.

Para frear esta dobre escalada, dixo a conselleira, é para o que se desenvolveu o Plan Integral de Eficiencia Enerxética, que comezou cunha fase previa, xa finalizada, que consistiu en avaliar a situación de partida. Agora, a súa primeira fase abarcará os centros do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, o Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos, o Hospital Universitario Lucus Augusti e o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Aforro do 44%
“Só con esta primeira fase permitirá un aforro de máis de 6 millóns de euros en 2012”, indicou, sinalando que este crecerá cada ano, xa que o PIEE permitirá afrontar os custes enerxéticos cada vez maiores –debido ao aumento das tarifas-, ao tempo que se contén o consumo enerxético. Así, explicou, se se mantivese o gasto actual ata 2019, este acadaría os 306 millóns de euros, mentres que a aplicación do PIEE permitirá reducilo ata 171 millóns, é dicir, cun aforro do 44%.

Nunha segunda fase incluiranse outros complexos hospitalarios, como o de Pontevedra e o futuro centro de Vigo. Neste sentido, a conselleira sinalou que os novos hospitais contarán coa máxima cualificación enerxética, clase “A”, e certificacións ambientais e de sostenibilidade como LEED. Por último, a terceira fase abarcará os hospitais comarcais, os centros de saúde e os edificios da Consellería de Sanidade. O desenvolvemento do Plan rematará en 2013.