INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2011 ou Decembro

Decembro

CASE O 95% DA ELECTRICIDADE CONSUMIDA EN GALICIA NO 2010 PROCEDEU DE FONTES RENOVABLES,CINCO VECES MÁIS DO OBXECTIVO FIXADO POLA UNIÓN EUROPEA

06/12/2011

- Un estudo do Instituto Enerxético de Galicia, dependente de Economía e Industria, revela que a comunidade dobraba o ano pasado a media de España, que se situaba tan só nun 40%.

- A comunidade roza xa, cinco anos antes, o reto fixado pola Xunta de Galicia para o 2015, segundo o informe do Inega.

- O fomento das enerxías renovables é un dos eixos de actuación da Consellería, que destina preto de 13 millóns de euros nesta lexislatura ao programa de axudas a este tipo de proxectos.

ECONOMÍA E INDUSTRIA IMPULSA MEDIDAS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NA CIDADE INFANTIL PRINCIPE FELIPE DE PONTEVEDRA

05/12/2011

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

- A actuación encádrase dentro do Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética 2011-2013 que, como explicou o conselleiro de Economía e Industria, Guerra, inclúe “a realización de 19 proxectos” que xerarán unha inversión asociada, en medidas de aforro e eficiencia enerxética e fontes renovables, superior aos 25 millóns de euros.

- O presente acordo permitirá acadar un 20% de redución no consumo de enerxía primaria mediante a implantación de medidas que supoñan melloras nas instalacións térmicas, eléctricas y de auga quente sanitaria.

O NOVO PLAN RENOVE DE ECONOMÍA E INDUSTRIA PREVÉ A SUBSTITUCIÓN DE FIESTRAS EN MÁIS DE 2.500 VIVENDAS PARA FAVORECER O AFORRO ENERXÉTICO

03/12/2011

- Con esta iniciativa, que aumenta o seu orzamento nun 35% con respecto á edición anterior, evitarase a emisión de 500 toneladas de CO2 á atmosfera.

- As axudas, que poden chegar ao 25% do custo total da obra e permitirán a mobilización de investimentos de ata once millóns de euros, serán de ata 3.000 euros por vivenda ou 50.000 euros por edificio.

- A solicitude de axudas poderase realizar ata a o 29 de marzo ou ata que se rematen os fondo.

|< << 1 2