INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

ECONOMÍA E INDUSTRIA ACTIVA O RENOVE DE CLIMATIZACIÓN PARA SUBSTITUIR MÁIS DE 1.200 EQUIPOS POR OUTROS ENERXETICAMENTE EFICIENTES

19/12/2011

- As axudas chegan ata o 30% e evitarán a emisión de 574 toneladas de CO2 á atmosfera.

- A Consellería, a través do Instituto Enerxético de Galicia, pon en marcha a terceira edición da liña de axudas de aforro e eficiencia enerxética Renove Equipos de Climatización, á que se destina un orzamento de 900.000 euros, para xerar un investimento asociado de 3 millóns de euros.

- Prevese un aforro de enerxía primaria de máis de 143 toneladas equivalentes de petróleo.

- Con este Plan a Xunta fomenta a eficiencia da mellora enerxética das instalacións térmicas que se renoven, xa sexan de calefacción, climatización ou produción de auga quente sanitaria.

presentacion_Clima2011Santiago, 19 de decembro de 2011.- A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), pon en marcha a terceira edición do Plan Renove de Equipos de Climatización, cun orzamento de 900.000 euros co que se subvencionará ata o 30% do custo da substitución de equipos por outros máis eficientes. Deste xeito, a Xunta fomenta a eficiencia da mellora enerxética das instalacións térmicas que se renoven, xa sexan de calefacción, climatización ou produción de auga quente sanitaria.

Coa activación deste Plan, e como sinalou o director do Inega, Eliseo Diéguez García, en rolda de prensa, a Consellería de Economía e Industria continúa coa súa estratexia de “apoio ao aforro enerxético nos fogares galegos” como un dos seus piares básicos de actuación. O director adiantou que está previsto que coa nova edición deste liña “se realice o cambio de máis de 1.200 equipos, o que suporá un investimento total asociado de, aproximadamente, 3 millóns de euros”.

Así mesmo, estímase un aforro de enerxía primaria, con esta campaña, de máis de 143 toneladas equivalentes de petróleo ao ano, o que supón evitar a emisión de máis de 574 toneladas de CO2 á atmosfera.

O Inega subvencionará o cambio de caldeiras, equipos de climatización ou bombas de calor convencionais de baixa eficiencia enerxética, por caldeiras de condensación, equipos de aire acondicionado ou bombas de alta eficiencia enerxética. Os aparatos antigos substituídos deberanse entregar para o seu correcto tratamento como residuo voluminoso conforme á normativa vixente.

Axudas de ata o 30%Santiago, 19 de decembro de 2011.- A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), pon en marcha a terceira edición do Plan Renove de Equipos de Climatización, cun orzamento de 900.000 euros co que se subvencionará ata o 30% do custo da substitución de equipos por outros máis eficientes. Deste xeito, a Xunta fomenta a eficiencia da mellora enerxética das instalacións térmicas que se renoven, xa sexan de calefacción, climatización ou produción de auga quente sanitaria.

Coa activación deste Plan, e como sinalou o director do Inega, Eliseo Diéguez García, en rolda de prensa, a Consellería de Economía e Industria continúa coa súa estratexia de “apoio ao aforro enerxético nos fogares galegos” como un dos seus piares básicos de actuación. O director adiantou que está previsto que coa nova edición deste liña “se realice o cambio de máis de 1.200 equipos, o que suporá un investimento total asociado de, aproximadamente, 3 millóns de euros”.

Así mesmo, estímase un aforro de enerxía primaria, con esta campaña, de máis de 143 toneladas equivalentes de petróleo ao ano, o que supón evitar a emisión de máis de 574 toneladas de CO2 á atmosfera.

O Inega subvencionará o cambio de caldeiras, equipos de climatización ou bombas de calor convencionais de baixa eficiencia enerxética, por caldeiras de condensación, equipos de aire acondicionado ou bombas de alta eficiencia enerxética. Os aparatos antigos substituídos deberanse entregar para o seu correcto tratamento como residuo voluminoso conforme á normativa vixente.

Axudas de ata o 30%

A contía da subvención varía en función das características técnicas dos equipos, ascendendo a axuda máxima ata o 30% do custo total da actuación. Así, no caso de caldeiras de condensación, a subvención pode alcanzar os 1.320 euros, mentres que para equipos de aire acondicionado e bombas de calor pode chegar aos 3.840 euros.

Como vén sendo habitual nos plans Renove da Consellería, as actuacións tramitaranse a través das entidades colaboradoras, que poderán renovar o seu compromiso se participaron na edición anterior deste programa, ou solicitar un alta nova durante os dez días hábiles seguintes á data de publicación no DOG.

Pola súa banda, os beneficiarios do Plan poderán solicitar a axuda a través dos establecementos adheridos, que realizarán a solicitude de fondos mediante a aplicación web recollida na páxina do Inega –www.inega.es-. A contía da subvención varía en función das características técnicas dos equipos, ascendendo a axuda máxima ata o 30% do custo total da actuación. Así, no caso de caldeiras de condensación, a subvención pode alcanzar os 1.320 euros, mentres que para equipos de aire acondicionado e bombas de calor pode chegar aos 3.840 euros.

Como vén sendo habitual nos plans Renove da Consellería, as actuacións tramitaranse a través das entidades colaboradoras, que poderán renovar o seu compromiso se participaron na edición anterior deste programa, ou solicitar un alta nova durante os dez días hábiles seguintes á data de publicación no DOG.

Pola súa banda, os beneficiarios do Plan poderán solicitar a axuda a través dos establecementos adheridos, que realizarán a solicitude de fondos mediante a aplicación web recollida na páxina do Inega –www.inega.es-.