INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

DIÉGUEZ INAUGURA A MOSTRA “CON A DE ASTRÓNOMAS”, QUE ACHEGA DUN XEITO LÚDICO ESTA CIENCIA A TRAVÉS DE PANEIS INFORMATIVOS E QUE SERVE DE HOMENAXE ÁS MULLERES QUE TRABALLARON NESTE CAMPO

17/02/2011

- O presidente de Sotavento e director do Instituto Enerxético de Galicia inaugurou esta exposición, cedida temporalmente ao Parque Eólico Experimental Sotavento, e que se insire dentro da faceta divulgativa e de difusión das enerxías renovables que está a levar a cabo este centro

Inega-Sotavento expo "Con A de Astrónomas"Santiago, 17 de febreiro de 2011.- O presidente do Parque Eólico Experimental Sotavento e director do Instituto Enerxético de Galicia, Eliseo Diéguez García, inaugurou hoxe no Auditorio deste centro emprazado no Concello de Xermade a exposición "Con A de Astrónomas", que foi ideada e realizada por nove astrónomas de distintos centros de investigación como unha homenaxe ás mulleres que traballaron neste campo científico. No acto estiveron presentes a comisaria da mostra e profesora da Universidade de Santiago de Compostela, Josefina Ling, e o xerente de Sotavento, José Núñez.

Diéguez destacou "a orixinalidade e a visión diferente, amena e divertida de achegamento á Astronomía que se propicia a través desta mostra, e que encaixa ao cento por cento co obxectivo inspirador e de acción deste Parque Eólico Experimental, que non é outro que o de promover a divulgación científica centrada nas enerxías renovables e no aforro enerxético". "Así mesmo engadiu con ten un valor engadido moi importante, polo seu fin dignificante, xa que pretende ser unha homenaxe ao conxunto de mulleres que nalgún momento traballaron neste campo".

Os 13 paneis que conforman a exposición, na que se fai un percorrido sobre o papel da muller na Astronomía ao longo da historia estrutúranse en diferentes eixos temáticos. Así, un abrangue unha presentación da mostra; nove están dedicados a conceptos astronómicos; dous á contextualización histórica, e outro é un recompilatorio cos nomes de 116 astrónomas españolas.

O director do Inega expresou o seu agradecemento ao conxunto de autoras da mostra, expresado neste caso persoalmente a través de Josefina Ling e agrecedeulle a cesión temporal da exposición ao Parque Eólico Experimental Sotavento, posto que serán moitas as persoas que terán a oportunidade de coñecela durante o tempo de permanencia nestas instalacións, a través do programa de visitas organizadas que a diario recibe Sotavento, e que son máis de 20 mil ao ano.

Ademais dos paneis, a exposición acompáñase de cadernos didácticos especialmente elaborados para a ocasión, nos que se tratan diversos temas, desde un punto de vista educativo.