INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2012

2012

LOS HOGARES GALLEGOS PODRÍAN REDUCIR EN UN 35% SUS CONSUMOS ENERGÉTICOS PONIENDO EN MARCHA MEDIDAS DE AHORRO Y EFICIENCIA

10/11/2012

- La Guía práctica de ahorro de energía elaborada por la Consellería de Economía e Industria ofrece consejos prácticos con los que ahorrar unos 350 euros al año en calefacción, uno de los factores de mayor importancia con la llegada del mal tiempo.

- Una temperatura de entre 19º y 21º resulta suficiente para mantener el confort en una vivienda durante el día, suponiendo, cada grado de subida, un incremento en los consumos del 7%.

- La optimización de los tiempos de ventilación o evitar el recubrimento de los radiadores con ropa son otras de las medidas recogidas en la publicación elaborada por el Inega.

AS EMBARCACIÓNS PESQUEIRAS DA PROVINCIA DA CORUÑA PODERÍAN AFORRAR 7 MILLÓNS DE EUROS AO ANO EN COMBUSTIBLE ADOPTANDO MEDIDAS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA

09/11/2012

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

- O director do Inega e o secretario xeral do Mar presentaron hoxe en Malpica un estudo elaborado por Economía e Industria que reflicte que a flota galega podería reducir nun 23% o que gasta en enerxía.

- O documento propón unha serie de consellos, resaltando, en primeiro lugar, a importancia do motor, cuxa mellora pode supor aforros económicos de ata 20.000 euros ao ano en función do tipo de embarcación

- Coa substitución ou adaptación das hélices, o cambio dos cables de arrastre ou a instalación de luminarias poden conseguirse aforros de ata 10.000 euros anuais.O director xeral do Inega e o secretario xeral do Mar presentaron hoxe en Malpica un estudo elaborado por Economía e Industria que reflicte que a flota galega podería reducir nun 23% o que gasta en enerxía.

 

ECONOMÍA E INDUSTRIA PROPÓN ÁS EMPRESAS DO GRANITO MEDIDAS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA COAS QUE O SECTOR PODERÍA CHEGAR A AFORRAR MÁIS DE 3 MILLÓNS DE EUROS AO ANO

07/11/2012

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

- O director do Instituto Enerxético de Galicia, Eliseo Diéguez, presentou hoxe un estudo con propostas coas que canterías e industria transformadora poderían reducir a enerxía que consomen nun 14% de media.

- Para as canterías propóñense medidas como o axuste da potencia eléctrica contratada, a implantación dun sistema de xestión enerxética ou melloras na instalación de aire comprimido.

- No tocante ás industrias transformadoras, aconséllase a instalación de variadores de frecuencia ou a mellora nas instalacións de iluminación.

A RESIDENCIA DE OLEIROS INCORPORA UN SISTEMA PIONEIRO DO INEGA QUE CENTRALIZA A XESTIÓN DO CONSUMO ENERXÉTICO DOS EDIFICIOS PÚBLICOS

03/11/2012

- Economía e Industria desenvolve un sistema que favorece o aforro enerxético nos edificios da Administración.

- A plataforma permite ao usuario consultar, on line, as principais variables que afectan ao complexo, comparando a evolución dos consumos despois da implantación de medidas de aforro e eficiencia enerxética.

- O Inega e a Consellería de Traballo e Benestar traballan, tamén, na implantación de distintas medidas no Centro que permitirán acadar un aforro enerxético de ata un 20% na enerxía primaria consumida.

O CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA INCORPORA UN SISTEMA PIONEIRO DO INEGA QUE CENTRALIZA A XESTIÓN DO CONSUMO ENERXÉTICO DOS EDIFICIOS PÚBLICOS

02/11/2012

- Economía e Industria desenvolve un sistema que favorece o aforro enerxético nos edificios da Administración.

- A plataforma permite ao usuario consultar, on line, as principais variables que afectan ao complexo, comparando a evolución dos consumos despois da implantación de medidas de aforro e eficiencia enerxética.

- O Inega e a Secretaría Xeral para o Deporte traballan, tamén, na implantación de distintas medidas no Centro que permitirán acadar un aforro enerxético de ata un 20% na enerxía primaria consumida.

ECONOMÍA E INDUSTRIA COLABORA PARA MELLORAR A EFICIENCIA ENERXÉTICA NO EDIFICIO DO VALEDOR DO POBO

01/11/2012

- Un estudo realizado polo Inega na sede do Valedor amosa posibilidades de aforro enerxético dun 15%, o que permitiría reducir a factura nun 35%.

- A mellora nas condicións de facturación eléctrica, o control da instalación de climatización ou a substitución de lámpadas por outras máis eficientes son algunhas das medidas propostas no plan de optimización.
 

O PROXECTO PILOTO DE ILUMINACIÓN PÚBLICA PROMOVIDO POR ECONOMÍA E INDUSTRIA NO CONCELLO DE ARNOIA PERMITIRÁ AFORROS ENERXÉTICOS PRÓXIMOS AO 60%

30/10/2012

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

- O obxectivo é reducir a factura eléctrica nos lugares incluídos no estudo en case 20.000 euros por exercicio.

- Evitarase así a emisión a atmosfera de máis de 41.000 kg de CO2 ao ano, cifra equivalente a plantación de 2.000 árbores.

- Substituiranse máis de 360 lámpadas por outras máis eficientes.

O CAMBIO DE HORA DA MADRUGADA DESTE SÁBADO SUPORÁ UN AFORRO ENERXÉTICO PRÓXIMO AO 0,4% NO CONSUMO ELÉCTRICO EN GALICIA

26/10/2012

- A Consellería de Economía e Industria fai especial fincapé na necesidade de utilizar a enerxía dun xeito racional durante todo o ano.

O CONCELLO DE MORAÑA PODERÁ AFORRAR PRETO DO 60% EN ENERXÍA CUN PROXECTO PILOTO DE ILUMINACIÓN PÚBLICA DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

24/10/2012

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

- Substituiránse preto de medio milleiro de lámpadas e equipos por outros máis eficientes en distintas zonas da localidade.

- O obxectivo é reducir a factura eléctrica en preto de 22.000 euros por exercicio, evitando a emisión á atmosfera de case 45.000 kg de CO2 ao ano, o que equivale á plantación de 2.250 árbores.

ECONOMÍA E INDUSTRIA E A ASOCIACIÓN ASPANAS COLABORAN PARA MELLORAR A EFICIENCIA ENERXÉTICA DO CENTRO DE VELLE

18/10/2012

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

- O Inega vén de asinar un convenio coa asociación, á que achega 5.000 euros para substituír as lámpadas fluorescentes actuais por outras de longa duración.

- Tamén se instalarán sistemas de regulación e control da iluminación en diferentes zonas do centro.

- O aforro enerxético derivado destas actuacións achégase aos 2.500 kWh/ano, reducíndose a factura enerxética en mil euros por exercicio.

|< << 1 2 3 4 5 >> >>> >|