INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
inicio ou Novas ou Novas ou 2012

2012

ECONOMIA E INDUSTRIA ACHEGA MAIS DE 3 MILLONS DE EUROS QUE PERMITIRAN IMPLANTAR MEDIDAS DE EFICIENCIA ENERXETICA EN PRETO DE 90 C0NCELLOS GALEGOS

19/06/2012

- Os municipios beneficiarios poderán renovar e auditar as instalacións de iluminación pública exterior existentes, así como as luminarias dos semáforos.

- Os concellos poden chegar a aforrar ata o 50% do custo da factura eléctrica nos equipos substituídos con estas medidas.

- O aforro enerxético estimado supón o consumo de electricidade de preto de 700 familias ao ano e un aforro que pode superar os 5 millóns de euros na vida útil dos equipos.

O INEGA ACHEGA AOS MAIS NOVOS AS VANTAXES DO AFORRO ENERXETICO E DAS FONTES RENOVABLES COA CELEBRACION DUN ENERGY DAY EN SOTAVENTO

18/06/2012

- A Consellería de Economía e Industria súmase con esta actividade no Parque Eólico Experimental á celebración da Semana Europea da Enerxía sostible.

- O departamento que dirixe Javier Guerra apoia así unha iniciativa que suma máis de 150 actos esta semana en España, e 750 no conxunto de Europa.

UN PROXECTO DE MOBILIDADE SOSTIBLE DO INEGA ANALIZARA AS VANTAXES DOS VEHICULOS ELECTRICOS

17/06/2012

- A Consellería de Economía e Industria aposta por Galicia como a contorna máis axeitada para o desenvolvemento do coche eléctrico.

- O obxectivo é achegar información útil aos cidadáns sobre o consumo real, a autonomía e o rendemento destes vehículos, para que á hora de mercar un coche valoren a posibilidade de que sexa eléctrico.

AS EXPLOTACIÓNS LEITEIRAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PODEN AFORRAR 2,6 MILLÓNS DE EUROS AO ANO ADOPTANDO MEDIDAS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA

30/05/2012

- O director do Inega, Eliseo Diéguez, salienta durante a visita a Gandeiría Val do Toxa, en Silleda, a “importancia dun consumo eficiente de enerxía, que repercute de forma directa no control da demanda e o aforro enerxético”.

- A Consellería de Economía e Industria elaborou un Estudo Sectorial de aforro e eficiencia enerxética en explotación de leite que busca mellorar a produtividade e a competitividade desta industria.

- Entre as opcións propostas destaca a instalación de intercambiadores de placas para o prearrefriado do leite, a instalación dun variador de velocidade nas bombas de baleiro ou a substitución de lámpadas por outras máis eficientes.

ECONOMÍA E INDUSTRIA APOIA A INSTALACIÓN DE MÁIS DUN CENTO DE INSTALACIÓNS SOLARES TÉRMICAS QUE PERMITEN AFORRAR ATA O 70% NA XERACIÓN DE AUGA QUENTE

28/05/2012

- As axudas do Inega chegaron ata o 35% do custo de cada instalación e un 45% no caso dos concellos.

- Con estes proxectos evítase a emisión á atmosfera de 222 toneladas de CO2 por exercicio, e lógrase un aforro económico conxunto próximo aos 66.000 euros ao ano.

ECONOMÍA E INDUSTRIA APOIA A INSTALACIÓN DE PRETO DE 500 CALDEIRAS DE BIOMASA EN GALICIA

26/05/2012

- O uso destas caldeiras permite un aforro económico de 640.000 euros anuais.

- O Inega subvencionou ata o 30% do custo de cada instalación, e o 45% no caso dos concellos.

- Con esta iniciativa evitarase a emisión á atmosfera de 3.300 toneladas de CO2 cada ano.

AS ACTUACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR IMPULSADAS POR ECONOMÍA E INDUSTRIA NOS CONCELLOS GALEGOS PERMITEN UN AFORRO DO 50% NO CONSUMO ELÉCTRICO

22/05/2012

- Durante 2011 desenvolvéronse máis de 60 proxectos de mellora da eficiencia e substituíronse preto de nove mil lámpadas e luminarias por outras de baixo consumo.

- Evítase así a emisión á atmosfera de case 700 toneladas de CO2 ao ano, o equivalente á plantación de 35.000 árbores.

A XUNTA IMPULSA MEDIDAS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA EN EDIFICIOS PÚBLICOS

19/05/2012

- As consellerías de Economía e Industria e Traballo e Benestar colaboran para facer un uso máis eficaz da enerxía nos edificios públicos.

- A primeira actuación levarase a cabo na Residencia de Maiores de Oleiros, na Coruña.

- A actuación se encadra dentro do Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética na administración pública galega polo que o Goberno galego ten como obxectivo acadar un aforro dun 20% no consumo de enerxía final.

AS AUDITORÍAS FEITAS POR ECONOMÍA E INDUSTRIA, ATRAVÉS DO INEGA, REFLICTEN QUE É POSIBLE REDUCIR CASE Á METADE A FACTURA ENERXÉTICA DOS CONCELLOS GALEGOS

17/05/2012

- Os consumos en iluminación pública supoñen o 70% do gasto económico en enerxía dun municipio.

- Aplicando medidas de aforro e eficiencia os municipios poderían acadar un aforro económico do 45%, o que significa unha diminución total de 1,4 millóns de euros nos 20 concellos auditados por Economía e Industria.

- Analizáronse preto de 3.000 instalacións que, de ser substituídas por outras máis eficientes, evitarían a emisión de 3.335 toneladas anuais de CO2 á atmosfera.
 

O INEGA RECIBE UN DOS PREMIOS DE PUBLICIDADE EN GALEGO

14/05/2012

|< <<< << 5 6 7 8 9 >> >>> >|