INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
inicio ou Novas ou Novas ou 2012

2012

ECONOMÍA E INDUSTRIA ACHEGA 200.000 EUROS PARA A REALIZACIÓN DE AUDITORÍAS E PROXECTOS DE AFORRO ENERXÉTICO NOS SECTORES DA PESCA E DA AGRICULTURA

14/05/2012

- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas que permitirán reducir custos enerxéticos nestes dous sectores estratéxicos da economía galega.

- Apóiase tamén a realización de estudos de viabilidade nas plantas de coxeración.

- A iniciativa encádrase no programa de actuacións para o aforro e a eficiencia enerxética, que na última convocatoria incluíu dezasete liñas de axuda orientadas aos principais sectores produtivos da economía galega e aos concellos.

UN ESTUDO DE ECONOMÍA E INDUSTRIA SINALA QUE AS EMPRESA DO SECTOR TÉXTIL PODERÍAN REDUCIR NUN 25% O SEU GASTO ECONÓMICO EN ENERXÍA CON MEDIDAS DE AFORRO E EFICIENCIA

10/05/2012

- No informe, presentado polo .director do Inega, Eliseo Diéguez, e a directora xeral de Comercio, Nava Castro, recóllese que o gasto no consumo enerxético supón o 15,5% de cada prenda elaborada.

- Auditáronse 17 empresas galegas que amosaron un consumo medio en enerxía de 81.500 euros anuais, o 2,2% da súa facturación.

- As principais medidas para reducir o gasto consisten na substitución de lámpadas por outras máis eficientes; o control de sistemas de climatización, e as melloras de illamentos e cerramentos.

O INEGA IMPULSA UN ESTUDO SOBRE O VEHÍCULO ELÉCTRICO PARA FAVORECER A IMPLANTANCIÓN DESTA TECNOLOXÍA

05/05/2012

- O Instituto, dependente de Economía e Industria, traballa na elaboración dun sistema que permitirá medir o rendemento útil dos vehículos eléctricos, determinando a súa autonomía e comparando os resultados cos dun modelo con motor de combustión.

- A Consellería continúa impulsando un cambio de modelo na mobilidade, cunha aposta decidida por converter a Galicia nun polo de desenvolvemento do vehículo eléctrico.
 

ECONOMÍA E INDUTRIA ACHEGA PRETO DE 190.000 EUROS PARA A REALIZACIÓN DE AUDITORÍAS ENERXÉTICAS NOS SECTORES RESIDENCIAL E DE SERVIZOS E NAS PLANTAS DE COXERACIÓN

03/05/2012

- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas para levar a cabo estudos de optimización enerxética nestes dous campos, que permitirán reducir custos enerxéticos nas empresas e concellos beneficiarios.

- Estes apoios encádranse no programa de actuacións para o aforro e a eficiencia enerxética, que na última convocatoria incluíu dezasete liñas de axuda orientadas aos principais sectores produtivos da economía galega e aos concellos.
 

AS CONSELLERÍAS DE ECONOMÍA E INDUSTRIA E DO MERIO RURAL E DO MAR POÑEN EN MARCHA UN PROXECTO PILOTO DE ILUMINACIÓN EXTERIOR PARA PROMOVER A EFICIENCIA ENERXÉTICA NO PORTO DE CELEIRO

03/05/2012

- A substitución de luminarias permitirá un aforro de ata o 55% no consumo enerxético na zona incluída no estudo.

- O consumo pasará de 50.000 kWh/ano a pouco máis de 22.500 kWh/ano, o que suporá un aforro de preto de 3.300 euros anuais na factura.

- Evitarase a emisión á atmosfera de 9.370 kg de CO2, cifra equivalente á plantación de 470 árbores.
 

ECONOMÍA E INDUSTRIA DESTACA EN VIGO A APOSTA DA XUNTA POLO AFORRO E A EFICIENCIA ENERXÉTICA PARA REDUCIR OS CONSUMOS NOS FOGARES E NOS SECTORES PRODUTIVOS

02/05/2012

- O director do Inega, Eliseo Diéguez, participou na xornada “As enerxías renovables e a eficiencia enerxética”, na que se achegou información sobre os programas e as liñas de axuda promovidas neste campo polo departamento que dirixe Javier Guerra.

- Diéguez recordou que a Consellería leva investido nesta lexislatura preto de 60 millóns de euros no programa de actuacións de aforro e eficiencia, que permitiron un aforro económico de 90 millóns.

- Resaltou a importancia do Plan de Aforro e Eficiencia da Administración Pública Galega, que aspira a aforrar 100 millóns durante os próximos dez anos nos edificios públicos, máis do 20% da factura enerxética.

ECONOMÍA E INDUSTRIA IMPULSA A CERTIFICACIÓN ENERXÉTICA DAS VIVENDAS GALEGAS

22/04/2012

- O Inega suma 230 solicitudes para incorporase rexistro de veivendas que queren certificarse como edificacións eficientes enerxéticamente.

- O sector da edificación presenta en Galicia un consumo de enerxía final próximo ao 20%.

- O Inega apoia aquelas actuacións enerxéticas en edificios de nova construción que lles permitan alcanzar a cualificación enerxética de clase A ou B.

- A axuda máxima para cualificacións de tipo A chega ata os 50 euros por metro cadrado.

AS PEMES XA PODEN ACCEDER AO SERVIZO DE ASESORÍA ENERXÉTICA QUE CTIVA HOXE ECONOMÍA E INDUSTRIA A PROL DO AFORRO E A EFICIENCIA

20/04/2012

- O servizo resolve directamente e de xeito individualizado cuestións para a posta en marcha de melloras de nas empresas no ámbito enerxético, relacionadas co prezo da enerxía no mercado, normativa e liñas de axuda.

- O servizo de Diagnose Enerxética On-Line do Inega ten detectado posibilidades de aforro nas pemes do 15%.

- As pemes poden dirixir as súas preguntas ao enderezo inega.asesoriaenerxetica@xunta.es ou chamar ao teléfono 981 541 540.

OS CONCELLOS PODEN ACCEDER XA AO SERVIZO ESPECIFICO DE ASESORIA ENERXETICA POSTO EN MARCHA POR ECONOMIA E INDUSTRIA

18/04/2012

- Centralízase así a atención que presta o Instituto Enerxético de Galicia aos municipios, que poderán resolver as súas dúbidas e recibir asesoramento para reducir o seu consumo eléctrico.

- A contratación da electricidade no mercado libre, os prezos da enerxía, a modernización do mantemento ou as empresas de servizos enerxéticos son algunhas das cuestións sobre as que se informa.

- Tamén se facilita información sobre as distintas liñas de axudas ofrecidas polo Inega, a través das cales apoiou aos concellos con máis de 3,6 millóns de euros no último ano.

AS ENTIDADES QUE OFRECEN PLANS RENOVE DO INEGA XA SE PODEN LOCALIZAR NUN MAPA 'ON LINE'

14/04/2012

- A ferramenta atópase dispoñible na web do Instituto Enerxético de Galicia –www.inega.es- achegando aos usuarios tanto a ubicación como o teléfono e o enderezo dos establecementos comerciais.

- Economía e Industria mellora así a difusión destas liñas de axuda a prol do aforro e a eficiencia enerxética.

- Nestes momentos os cidadáns poden acceder ao Plan Renove de Iluminación Interior e o Plan de Vehículos Eficientes.

|< <<< << 6 7 8 9 10 >> >|